PREGUNTAS DA XUVENTUDE
Que debería facer despois de bautizarme? | Parte 2. Sigue sendo íntegro
A Biblia di que “Xehová non reterá nada bo dos que viven con integridade” (Salmo 84:11, TNM). Que quere dicir vivir “con integridade”? Esta expresión significa vivir dunha maneira que demostre que mantés a promesa que lle fixeches a Xehová cando te dedicaches a el (Eclesiastés 5:3, 4 [5:4, 5, TNM]). Que podes facer para seguir sendo íntegro despois de bautizarte?
Neste artigo verás:
Sigue aguantando os problemas
Texto clave: “Temos que pasar por moitas dificultades antes de entrar no Reino de Deus” (Feitos 14:22).
Que quere dicir: O certo é que tódolos cristiáns imos afrontar dificultades. Algúns dos problemas ós que te vas enfrontar son por ser cristián, coma as burlas e a oposición. Outros aféctanlles a tódalas persoas, coma os problemas económicos e as enfermidades.
Que pode pasar: As túas circunstancias na vida van cambiar, e ás veces non vai ser como a ti che gustaría. A Biblia di que a todos lles poden pasar cousas malas, tanto ós que son cristiáns coma ós que non o son (Eclesiastés 9:11).
Que podes facer: Como xa sabes que vas ter que afrontar problemas, podes prepararte para facelo. Esfórzate por velos como unha oportunidade para fortalecer a túa fe e para confiar aínda máis en Xehová (Santiago 1:2, 3). Co tempo, grazas á túa propia experiencia poderás dicir o mesmo que o apóstolo Paulo: “Teño forzas para todo grazas a Deus, que me dá poder” (Filipenses 4:13).
UN CASO REAL: “Pouco despois de bautizarme, meus irmáns deixaron a verdade, meus pais enfermaron e despois tamén enfermei eu. O máis fácil sería renderme e esquecer que cando me dediquei a Deus prometinlle que o máis importante na miña vida ía ser adoralo a el. Pero foi xusto a miña dedicación o que me axudou a afrontar eses problemas” (Karen).
Consello: Aprende máis sobre Xosé. Podes ler sobre a súa vida nos capítulos 37 e 39 ó 41 de Xénese. Pregúntate: Que dificultades inesperadas tivo Xosé e como as afrontou? Como lle axudou Xehová?
Necesitas axuda?
Sigue resistindo as tentacións
Texto clave: “Cada un é probado cando o seu propio desexo o atrae e o seduce” (Santiago 1:14).
Que quere dicir: Ás veces, todos nos vemos tentados polos desexos. Se non os controlamos, poderían levarnos a facer o que está mal.
Que pode pasar: Despois de bautizarte, aínda terás que loitar contra os “desexos da carne” (2 Pedro 2:18). Pode que incluso te sintas tentado a ter relacións sexuais antes de casar.
Que podes facer: Decídete xa agora, antes de que cheguen as tentacións, e así non permitirás que os teus desexos te fagan tomar malas decisións. Recorda o que dixo Xesús: “Ninguén pode ser escravo de dous amos” (Mateo 6:24). Ti es quen escolle quen será o teu amo. Escolle a Xehová! Por moi forte que sexa un desexo, podes decidir non levalo a cabo (Gálatas 5:16).
Consello: Aprende a identificar os teus puntos fortes e os teus puntos débiles. Escolle amigos que che axuden a ter boas calidades. E evita persoas, lugares e situacións que che fagan máis difícil actuar da maneira correcta (Salmo 26:4, 5).
Necesitas axuda?
Le:
“¿Qué puedo hacer para resistir las tentaciones?”
“¿Cómo puedo dejar de pensar en el sexo?”
Sigue demostrando o teu entusiasmo
Texto clave: “Que cada un de vós demostre ese mesmo entusiasmo [...] ata o final. Porque non queremos que sexades vagos” (Hebreos 6:11, 12).
Que quere dicir: Cando alguén non se centra no que fai, é fácil que baixe o ritmo e que se faga vago.
Que pode pasar: Despois de bautizarte, seguramente estabas moi emocionado e entusiasmado, e querías a Xehová con todo o teu corazón. Pero despois dun tempo quizais che resulte difícil seguir obedecéndoo en todo, e iso podería desanimarte e facer que perdas o entusiasmo (Gálatas 5:7).
Que podes facer: Sigue facendo o correcto, incluso se nalgún momento non che apetece (1 Corintios 9:27). Mentres tanto, acércate máis ó teu querido Pai, Xehová. Como podes facelo? Falando con el sempre que poidas e coñecéndoo mellor. E esfórzate por ter amigos ós que de verdade lles guste servir a Xehová.
Consello: Recorda que Xehová te quere moito e está desexando axudarche. Non penses que está enfadado contigo se perdiches o entusiasmo nalgún momento. A Biblia di: “El dálle forza ó cansado, ó que non ten enerxía multiplícalle o vigor” (Isaías 40:29). Co tempo, Xehová bendicirá tódolos esforzos que fagas por recuperar o entusiasmo.
Necesitas axuda?
Le:
Mira:
En resumo: Se segues sendo íntegro farás moi feliz a Xehová (Proverbios 27:11). El estará moi contento de que te poñas do seu lado e darache todo o que necesitas para resistir os ataques de Satanás.