Quen foi María Madalena?
O que di a Biblia
María Madalena foi unha seguidora fiel de Xesucristo. É posible que o nome Madalena veña de Magdala, unha vila que estaba cerca do mar de Galilea (quizais Magadán). Pode ser que María vivise alí algunha vez.
María Madalena era unha das mulleres que viaxaban con Xesús e os seus discípulos para axudarlles coas súas necesidades materiais (Lucas 8:1-3). Presenciou a execución de Xesús e foi unha das primeiras persoas que o viu despois de resucitar (Marcos 15:40; Xoán 20:11-18).
Foi unha prostituta?
A Biblia non di que María Madalena fose unha prostituta. O único que menciona sobre o seu pasado é que Xesús expulsou dela sete demos (Lucas 8:2).
De onde vén a idea de que foi unha prostituta? Séculos despois da súa morte, algúns comezaron a dicir que era a mesma muller —da que non sabemos o nome e que posiblemente fose unha prostituta— que lle lavara os pés a Xesús coas súas lágrimas e que llos secara co seu pelo (Lucas 7:36-38). Pero a Biblia non dá razóns para crer iso.
Foi “a apóstolo para os apóstolos”?
Non. A Igrexa Católica chama a María “Santa María Madalena” e tamén “a apóstolo para os apóstolos” porque foi unha das primeiras persoas en anunciarlles ós apóstolos a noticia de que Xesús resucitara (Xoán 20:18). Pero iso non a converte nun apóstolo. De feito, na Biblia non se lle chama así (Lucas 6:12-16).
A Biblia completouse a finais do primeiro século e non foi ata o século VI cando as autoridades da igrexa decidiron proclamar “santa” a María Madalena. En escritos do segundo e terceiro século, que non son parte do canon bíblico, afírmase que algúns apóstolos de Xesús tiñan envexa de María. Pero esas historias inventadas non teñen base bíblica.
Foi a muller de Xesucristo?
Non. De feito a Biblia deixa claro que Xesús nunca casou.a
a Mira o artigo “¿Se casó alguna vez Jesús? ¿Tuvo hermanos carnales?” (dispoñible en español).