BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w26 abril páxs. 26-31
  • Seguide sendo cada día máis amigos como matrimonio

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Seguide sendo cada día máis amigos como matrimonio
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • COMO ESCOLLER UN AMIGO PARA TODA A VIDA
  • PASADE TEMPO XUNTOS
  • TRABALLADE XUNTOS CANDO TEÑADES PROBLEMAS NO MATRIMONIO
  • Como encontrar unha persoa adecuada para ti
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • O matrimonio é un agasallo de Deus
    Continúa no amor de Deus
  • Como ter un matrimonio feliz
    Continúa no amor de Deus
  • Conta con Deus para ser feliz no teu matrimonio
    A túa familia pode ser feliz
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
w26 abril páxs. 26-31

29 DE XUÑO–5 DE XULLO DE 2026

CANCIÓN sn 36 O que Xehová xuntou

Seguide sendo cada día máis amigos como matrimonio

“Hai amigos máis íntimos ca irmáns” (PROV. 18:24).

OBXECTIVO

Ver como as parellas teñen que amar a Xehová e ser amigos íntimos para ter un matrimonio feliz.

1. Por que son os bos amigos un regalo de Xehová?

OS BOS amigos son un regalo de Xehová (Sant. 1:17). Queren a Deus e tamén nos queren a nós. Alégranse cando estamos felices, dannos consolo cando estamos tristes e aconséllannos con sinceridade cando o necesitamos. Son leais e podemos confiar neles. Amigos así “alegran o corazón”! (Prov. 27:9).

2. Por que é importante que os matrimonios sigan fortalecendo a súa amizade? (Mateo 19:6).

2 É importante que un home e a súa muller sexan mellores amigos entre eles. Non poden dar por sentado esa amizade, senón que teñen que seguir esforzándose por facela máis forte. Se non a coidan, poderían empezar a sentirse sós, tristes e incluso enfadados. Pero se seguen traballando por estar cerca un do outro, poderán desfrutar da relación máis íntima que dúas persoas poden chegar a ter (le Mateo 19:6). Neste artigo veremos como os matrimonios poden fortalecer a súa amizade. Pero primeiro analicemos como os cristiáns solteiros poden escoller a persoa que se converterá na súa mellor amiga para toda a vida.

COMO ESCOLLER UN AMIGO PARA TODA A VIDA

3, 4. Que lle axudará a unha persoa a encontrar un bo marido ou muller? (Proverbios 18:22).

3 Antes de tomar calquera decisión importante, temos que pensar nos posibles riscos, beneficios e resultados. Por que? Porque poden afectar á nosa vida por moito tempo, así que é importante que as pensemos con coidado.

4 Escoller un amigo para toda a vida, é dicir, un marido ou muller, é unha das decisións máis importantes da vida. Como foi Xehová quen creou o matrimonio, ten sentido pedirlle a súa axuda para facer esta elección. El quere que o home encontre unha boa muller, e que a muller encontre un bo marido. Ademais, sempre sabe o que é mellor para nós (le Proverbios 18:22; Is. 48:17, 18). Por iso, os principios que encontramos na súa Palabra poden axudar a un cristián a encontrar a mellor parella para el.

5. Por que é importante escoller como parella a alguén que estea bautizado?

5 Cando nos bautizamos, chegamos a ser amigos de Deus (Sal. 25:14). Por iso, se queres casar, debes escoller alguén que tamén sexa amigo de Xehová (1 Cor. 7:39). Así demostrarás que valoras as normas de Deus e poderás ver a túa parella como un regalo del (Prov. 19:14). Desta maneira tamén evitarás os problemas de poñerte “baixo un xugo desigual” con alguén non crente (2 Cor. 6:14). Incluso se non hai ningunha Testemuña coa que queiras casar, non cometas o erro de pensar en facelo con alguén que non ama a Xehová. Tampouco sería sabio pensar que está ben saír con alguén non crente esperando que chegue a facerse Testemuña.

6, 7. Que tipo de cousas deberías descubrir mentres estás saíndo con alguén?

6 Por suposto, isto non significa que calquera Testemuña bautizada vaia ser unha boa parella para ti. Se estás interesado en alguén, sería bo que te fixeses algunhas preguntas.a Por exemplo: “Como trata a súa familia? É cariñoso e respectuoso? Quen son os seus amigos? Como reacciona cando alguén non está de acordo co que pensa? Insiste en facer as cousas á súa maneira ou está disposto a ceder cando non hai principios bíblicos envoltos? Como ve os cartos?”.

7 Tamén poderías preguntarte: “Demostra a persoa na que estou interesado que quere moito a Xehová? Esfórzase por imitar as cualidades de Xehová? Axudarame a servir máis plenamente a Deus? Temos as mesmas metas espirituais? É posible que cheguemos a ser non só bos amigos, senón os mellores amigos?” (Col. 3:9, 10). Se es unha irmá, pregúntate: “Este irmán será o meu mellor amigo e ademais un bo cabeza de familia?” (1 Cor. 11:3). Se es un irmán, pregúntate: “Esta irmá estará disposta a aceptar a miña autoridade como cabeza de familia a pesar das miñas imperfeccións?”. Leva tempo responder estas preguntas, así que usade o tempo no que esteades saíndo para coñecervos ben.

8, 9. Que pode axudar a unha persoa que está saíndo con alguén a tomar unha boa decisión? (Ver tamén a imaxe).

8 Tomarás unha mellor decisión se intentas saber como é en realidade esa persoa. Descubre como a ven os demais. Poderías preguntarlles a outros sobre a súa reputación e cualidades. Por exemplo, é coñecida esa persoa por ser humilde, cariñosa e razoable? Sarah, unha irmá da Güiana Francesa que casou cun irmán chamado Daniel, di: “Para saber o que outros pensaban del, pregunteille ó seu compañeiro de piso, a amigos que tiñamos en común e a un ancián e irmás da súa congregación”. Tamén poderías preguntarlle con tacto á persoa coa que estás saíndo se hai algo do seu pasado ou presente que deberías saber, dado que algunhas cousas poderían causarvos moitos problemas no voso matrimonio.

9 Non ignores as dúbidas que poidas ter nin os comentarios sinceros de amigos maduros. Todo isto axudarache a decidir se é sabio seguir saíndo con esa persoa ou non.b Agora imos centrarnos nas parellas que xa están casadas.

Unha parella de noivos desfrutando dunha conversa nunha reunión con amigos.

Se estás saíndo con alguén, esfórzate por aprender como é realmente a outra persoa (ver os parágrafos 8 e 9).


PASADE TEMPO XUNTOS

10. Por que é bo que un marido e a súa muller pasen tempo xuntos?

10 Un marido e a súa muller poden fortalecer a súa amizade e o seu matrimonio se pasan tempo xuntos, sen importar o ocupados que estean. Isto dálles a oportunidade de falar do que pasou durante o día, de compartir os seus sentimentos e pensamentos máis profundos, de mostrarse cariño e de divertirse xuntos.

11. Que pode poñer en perigo a amizade dun matrimonio?

11 Nun matrimonio onde os dous sexan moi bos amigos preferirán estar xuntos que separados. Por suposto, non sempre poderán facer todo xuntos, pero pasar longos períodos de tempo separados pode ser perigoso. Por exemplo, algúns aceptaron un traballo noutro país, o que fai que estean lonxe da súa familia durante moito tempo. Quizais gañen moitos cartos, pero estar separados pode ser desastroso para un matrimonio.

12, 13. a) Que fixeron algúns matrimonios cristiáns para pasar máis tempo xuntos? (Ver tamén a imaxe) b) Canta importancia debería ter para ti a relación que tes coa túa parella? (Ver o recadro “Que lugar debe ocupar a miña parella na miña vida?”).

12 Que fan algúns matrimonios para asegurarse de que pasan tempo xuntos a miúdo? Leah, de Guam, conta: “Meu marido e eu desfrutamos de facer moitas cousas xuntos. Poucas veces quedamos con outra xente por separado”. Roxanne, dos Estados Unidos, di: “Como estamos moi ocupados, vimos a necesidade de marcar un tempo no noso horario para estar xuntos, igual que facemos con outras cousas importantes” (compara con Amós 3:3). Damien, de Francia, comenta: “Aprendemos a interesarnos e a desfrutar das cousas que lle encantan ó outro” (Mat. 7:12). E Katie, quen tamén é dos Estados Unidos, explica: “Ás veces deixamos os teléfonos a un lado para que non nos distraian”.

13 Sobre todo, é importante que pasedes tempo xuntos facendo cousas por Xehová. Myriam, de Francia, di: “Comezamos o día lendo a Biblia e falando do que nos gustou e do que podemos aplicar na nosa vida. Encántanme estes momentos”. Tamén comenta: “Outra cousa que me gusta moito é que oremos xuntos, porque así podo escoitar canto quere o meu marido a Xehová”. Katie, de quen falamos antes, conta: “O noso momento favorito é saír a predicar xuntos. Cando escoitamos ó outro falar sobre Xehová, sentímonos máis cerca e coñecémonos mellor” (Prov. 27:17).

A mesma parella da imaxe de antes, agora casada e desfrutando de tempo xuntos de acampada.

Fortalecede o voso matrimonio pasando tempo xuntos a miúdo (ver os parágrafos 12 e 13).


Que lugar debe ocupar a miña parella na miña vida?

Na nosa vida, hai moitas persoas que son moi importantes para nós. En que lugar debería estar a nosa parella? (Filip. 1:10).

  1. 1. Xehová. A nosa relación con el debe ser o máis importante na nosa vida (Mat. 6:33; Mar. 12:30). Nunca deixaremos de ser leais a Xehová só para agradarlle á nosa parella (Feit. 5:29; compara con Xénese 2:16, 17; 3:6).

  2. 2. A nosa parella. Xehová venos ós dous como unha soa persoa. Por iso, preocupámonos tanto polo outro como por nós mesmos (Xén. 2:24; Ef. 5:28, 29, 33).

  3. 3. Outras persoas e responsabilidades. Todos queremos coidar dos nosos pais, doutros familiares, dos irmáns da congregación e das cousas que facemos no noso servizo a Deus. Pero á parte de Xehová, nada nin ninguén debería ser máis importante para nós que o benestar e a felicidade da nosa parella (1 Tim. 5:8).

TRABALLADE XUNTOS CANDO TEÑADES PROBLEMAS NO MATRIMONIO

14, 15. Por que debería unha parella facer todo o posible por superar os problemas que poidan xurdir no matrimonio? Pon un exemplo.

14 Un matrimonio, ó estar formado por dous seres humanos imperfectos, vai pasar por dificultades. De feito, a Biblia di que os casados “van ter problemas na vida” (1 Cor. 7:28). A nota de estudo en español para este versículo di que esta expresión se refire “ós problemas e dificultades que adoitan sufrir os que casan”. Cando estes problemas aparezan, deben esforzarse ó máximo por seguir sendo amigos e resolvelos. Por que?

15 Pensa neste exemplo. Se un edificio famoso ou unha obra de arte sofre algún desperfecto, o máis probable é que os donos decidan restauralo. Pode ser que dediquen moitísimos cartos e recursos a facelo, aínda que lles leve moitos anos. Por que? Porque é algo moi valioso para eles. De xeito parecido, incluso nos mellores matrimonios pode haber problemas e desacordos. Pero sendo algo tan valioso, as parellas poden restaurar a relación que tiñan antes, igual que poden ser reparados os desperfectos dun edificio famoso ou dunha obra de arte. Este proceso quizais lles leve tempo e teñan que esforzarse moito, pero a Xehová faino moi feliz ver como unha parella traballa duro por fortalecer o seu matrimonio e manterse xuntos (Mal. 2:16). Ó facer isto, non só se demostran amor e respecto entre eles, senón tamén por Xehová, o creador do matrimonio.

16. Segundo 1 Corintios 13:4-8a, que pode axudarlle a unha parella que está pasando por problemas serios no seu matrimonio? (Ver tamén a imaxe e o recadro “Axudas para fortalecer a vosa amizade”).

16 Se xorden problemas no teu matrimonio, non te apresures en separarte (1 Cor. 7:10, 11). Máis ben, pregúntate: “Podo facer algo máis por fortalecer a nosa amizade?”. Repasa o que di a Biblia sobre mostrar amor e pregúntate se podes demostrar mellor algunha das características que se mencionan en 1 Corintios 13:4-8a (leo). En vez de buscar un camiño para saír da túa relación, fai todo o posible por buscar un que te leve de volta ó corazón da túa parella. Céntrate no que ti podes facer por restaurar a relación. Pídelle a Xehová en oración que che axude, investiga nas nosas publicacións e vídeos e pídelles consello ós anciáns e a outros irmáns que estean aplicando o que di a Biblia no seu matrimonio. Ó confiar en Xehová, que é o terceiro fío e o máis forte da “corda de tres fíos”, o teu matrimonio “non se [romperá] axiña” (Ecl. 4:12).

A mesma parella tendo unha conversación sensible na casa. A muller, entre bágoas, exprésase mentres o marido a escoita tranquilamente cunha man no seu ombro. Na mesa que está diante deles hai unha Biblia aberta e o folleto “A túa familia pode ser feliz”.

Facede todo o que poidades por manter a vosa boa amizade cando teñades problemas no matrimonio (ver o parágrafo 16).


Axudas para fortalecer a vosa amizade

A organización de Xehová dá información que pode axudar a que os matrimonios fortalezan a súa amizade e incluso que volvan a ser bos amigos despois de pasar por problemas moi graves. Probastes algunhas das ideas que se mencionan aquí?

  • No folleto A túa familia pode ser feliz

  • Na serie de vídeos Segredos para un matrimonio feliz

  • Na serie de artigos “Ayuda para las familias”

  • Na sección de jw.org “Matrimonio e familia”

17. Como poden ser felices os que están pensando en casar e os que xa están casados?

17 Xehová quere que tódolos seus servos sexamos felices, incluíndo os solteiros que están pensando en casar coma os que xa están casados. Se estás solteiro e queres casar, escolle ben con quen facelo. E se estás casado, sigue fortalecendo a amizade que tes coa túa parella. Esfórzate por superar as dificultades que poidan xurdir no voso matrimonio, confiando na axuda de Xehová. Se tes en conta isto desfrutarás da vida coa persoa que tanto queres! (Ecl. 9:9).

QUE RESPONDERÍAS?

  • Como pode un cristián solteiro escoller alguén que sexa o seu mellor amigo para sempre?

  • Que pode axudarlles ós matrimonios a fortalecer a súa amizade?

  • Que pode axudarlle a unha parella casada a seguir xuntos cando teñan dificultades no seu matrimonio?

CANCIÓN sjj 132 Xa somos un

a Estas preguntas aplican tanto a homes como a mulleres.

b Para ver máis consellos sobre como coñecer alguén, mira o subtítulo “Coñecédevos ben” do artigo “Como ter éxito ó saír con alguén” da revista A Atalaia de maio de 2024.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir