BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp17 núm. 1
  • Como facer interesante a lectura?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como facer interesante a lectura?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
  • Información relacionada
  • Idea para estudar
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Como lle podes sacar o máximo proveito á Biblia
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Estamos usando JW Library?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
    Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
wp17 núm. 1
Unha muller utilizando as ferramentas para o estudo da Biblia durante a súa lectura.

TEMA DE PORTADA | DESFRUTA DE LER A BIBLIA

Como facer interesante a lectura?

Ler a Biblia resúltache aburrido ou interesante? Moito depende do enfoque que lle deas. Imos ver que podes facer para que a lectura da Biblia che resulte máis interesante.

Escolle unha tradución fiable e que empregue linguaxe actual. Se ó ler atopas demasiadas palabras complicadas ou desfasadas, seguramente non desfrutarás da lectura. Por iso é mellor que busques unha Biblia que empregue un vocabulario sinxelo e que che chegue ó corazón. Pero, á vez, ten que ser unha tradución exacta e fiable.a

Saca proveito das novas tecnoloxías. Actualmente a Biblia non só está dispoñible en formato impreso, senón tamén electrónico. Algunhas biblias poden lerse en liña ou descargarse no ordenador, na tableta ou no teléfono. Algunhas versións contan con ferramentas que che permiten comparar o que di un versículo en distintas traducións ou ver outros versículos que falan do mesmo tema. E se en vez de lela prefires escoitala, tamén está dispoñible en audio nalgúns idiomas. A moitas persoas gústalles escoitala mentres van no transporte público, fan as tarefas da casa ou están ocupadas con calquera outra cousa que non lles requira demasiada concentración. E a ti que método che convence máis? Por que non o probas?

Utiliza as ferramentas para o estudo da Biblia. As ferramentas para estudar a Biblia poden axudarche a sacar moito máis proveito da túa lectura. Por exemplo, hai mapas que che axudarán a localizar os lugares que atoparás na lectura da Biblia e che permitirán imaxinar os acontecementos en toda a súa dimensión. E artigos como os que se publican nesta revista ou na sección “Ensinanzas da Biblia” de jw.org poden axudarche a entender mellor moitos relatos da Biblia.

Usa métodos diferentes. Se ler a Biblia de principio a fin che parece moi difícil, intenta cultivar o teu interese empezando polas partes da Biblia que che parezan máis interesantes. Se queres aprender de personaxes bíblicos coñecidos, podes ler os seus relatos. O recadro “Coñece mellor a Biblia a través dos seus personaxes” pode servirche de referencia se queres saber máis sobre algún en concreto. Tamén podes lela por temas ou en orde cronolóxica. Por que non probas cun destes métodos?

a Moitas persoas pensan que La Biblia. Traducción del Nuevo Mundo é exacta, fiable e fácil de ler. Esta Biblia, editada polas Testemuñas de Xehová, está dispoñible completa ou en parte en 130 idiomas. Podes descargala dende jw.org, ou tamén podes descargar a aplicación JW Library. Se o prefires, as testemuñas de Xehová poden levarche un exemplar á túa casa.

COÑECE MELLOR A BIBLIA A TRAVÉS DOS SEUS PERSONAXES

Algunhas mulleres fieis

Abigail

1 Samuel capítulo 25

Ester

Ester capítulos 2-5, 7-9

Ana

1 Samuel capítulos 1, 2

María

(a nai de Xesús) Mateo capítulos 1, 2; Lucas capítulos 1, 2; ver tamén Xoán 2:1-12; Feitos 1:12-14; 2:1-4

Rahab

Xosué capítulos 2, 6; ver tamén Hebreos 11:30, 31; Santiago 2:24-26

Rebeca

Xénese capítulos 24-27

Sara

Xénese capítulos 17, 18, 20, 21, 23; ver tamén Hebreos 11:11; 1 Pedro 3:1-6

Algúns homes destacados

Abraham

Xénese capítulos 11-24; ver tamén 25:1-11

David

1 Samuel capítulos 16-30; 2 Samuel capítulos 1-24; 1 Reis capítulos 1, 2

Xesús

Evanxeos de Mateo, Marcos, Lucas e Xoán

Moisés

Éxodo capítulos 2-20, 24, 32-34; Números capítulos 11-17, 20, 21, 27, 31; Deuteronomio capítulo 34

Noé

Xénese capítulos 5-9

Paulo

Feitos capítulos 7-9, 13-28

Pedro

Mateo capítulos 4, 10, 14, 16, 17, 26; Feitos capítulos 1-5, 8-12

FERRAMENTAS DE INVESTIGACIÓN PRODUCIDAS POLAS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ

  • JW.ORG. Páxina web que contén moitas axudas, entre elas a sección “Preguntas sobre a Biblia” e tamén un titorial sobre como descargar a aplicación JW Library.

  • Veamos “la buena tierra”. Folleto que inclúe mapas e fotos de sitios dos que se fala na Biblia. Dispoñible en español.

  • Perspicacia para comprender las Escrituras. Enciclopedia bíblica en dous volumes con explicacións sobre persoas, lugares e termos que aparecen na Biblia. Dispoñible en español.

  • “Toda Escritura es inspirada de Dios y provechosa”. Libro especializado que explica cando, onde e por que se escribiu cada libro da Biblia e resume o seu contido. Dispoñible en español.

  • La Biblia... ¿la Palabra de Dios, o palabra del hombre? Libro pequeno, resultado dunha profunda investigación, que analiza as probas que confirman que a Biblia é a Palabra inspirada de Deus. Dispoñible en español.

  • La Biblia y su mensaje. Folleto de 32 páxinas que resume o tema central da Biblia. Dispoñible en español.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir