Ata que punto é exacta a historia bíblica?
NO SEU libro Battles of the Bible, Chaim Herzog, quen foi presidente do Estado de Israel, e Mordechai Gichon, profesor emérito de arqueoloxía da Universidade de Tel Aviv, din o seguinte:
“Non é posible que as estratexias militares descritas na Biblia [...] fosen unha invención. Chéganos con comparar a guerra de Xedeón contra os madianitas e os seus aliados relatada en Xuíces 6 a 8 coas batallas da Guerra de Troia que Homero describiu na Ilíada. Homero só menciona un litoral accesible e unha cidade fortificada próxima sen dar ningún detalle xeográfico máis. Pero o relato bíblico das batallas de Xedeón é moi diferente. Este menciona detalles tácticos específicos das batallas, ademais dos lugares onde tiveron lugar. Estas descricións demostran que as batallas mencionadas na Biblia son reais”.
Podes estudar a campaña militar de Xedeón usando o mapa das páxinas 18 e 19 do folleto Veamos “la buena tierra” (dispoñible en español).a A historia comeza cando “tódolos madianitas e amalecitas, e mailos orientais, congregáronse, e pasaron para esta banda e acamparon na terra cha de Iezrael”. Xedeón pediulles axuda ás tribos que estaban cerca. A batalla comezou na fonte de Harod, trasladouse ó outeiro de Moré e finalmente baixou ata o val do Xordán. Despois de perseguir os seus inimigos ata o outro lado do río Xordán, Xedeón derrotounos (Xuíces 6:33–8:12).
O mapa do folleto Veamos “la buena tierra” mostra os lugares máis importantes mencionados e como eran esas zonas. Outro mapa (páx. 15) identifica o territorio de cada tribo de Israel. Estes dous mapas poden axudarche a apreciar a exactitude do relato da Biblia.
Isto ilustra unha observación que fixo o defunto profesor Yohanan Aharoni: “Nas terras bíblicas, a xeografía e a historia están entrelazadas tan profundamente que é imposible entender unha sen a axuda da outra”.
[Nota]
a Editado polas Testemuñas de Xehová.
[Créditos das imaxes]
Background map: Based on maps copyrighted by Pictorial Archive (Near Eastern History) Est. and Survey of Israel