BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w03 1/5
  • Ve Xehová o que fas?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Ve Xehová o que fas?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2003)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Un pastor ofrece un sacrificio
  • Un profeta predica a xente que rexeita a súa mensaxe
  • Unha viúva prepara unha comida
  • Fíxaste no que fan os demais?
  • Anda con Deus nestes tempos difíciles
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
  • O fillo dunha viúva volve á vida
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Demostrou valor nunha situación desesperada
    Sirve a Xehová con valor
  • Andou con Deus
    Sirve a Xehová con valor
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2003)
w03 1/5

Ve Xehová o que fas?

QUE responderías a esta pregunta? Moitos dirían: “Penso que Deus se fixou nas cousas grandes que fixeron persoas coma Moisés, Xedeón e David, pero dubido moito que se fixe nas cousas que poida facer eu. Non me podo comparar con eles”.

O certo é que a Biblia menciona persoas que fixeron cousas rechamantes coas que demostraron que tiñan unha gran fe en Xehová. Algunhas delas “derrotaron reinos, fixeron xustiza, recibiron promesas, pecharon a boca de leóns, non lles afectou a forza do lume [e] escaparon do fío da espada” (Hebreos 11:33, 34). Pero non foi así en tódolos casos. Houbo outra xente que demostrou a súa fe de maneiras máis discretas e a Biblia asegúranos que Deus tamén se fixa nesas pequenas accións. Para velo máis claro, imos ver os exemplos bíblicos dun pastor, dun profeta e dunha viúva.

Un pastor ofrece un sacrificio

Que lembras de Abel, o segundo fillo de Adán e Eva? Pode ser que recordes que foi asasinado pola súa fe, algo que probablemente suframos algúns de nós. Pero antes disto Deus xa se fixara nel por outra razón.

Un día, Abel colleu un dos seus mellores animais e sacrificouno a Deus. A día de hoxe non parece moita cousa, pero Deus fíxolle saber que estaba contento con ese regalo. Pero non acaba aquí o asunto. Arredor de 4000 anos despois, Xehová inspirou o apóstolo Paulo para escribir sobre ese sacrificio na carta ós Hebreos. Despois de tantos anos, Deus non se esquecera dese sacrificio tan desapercibido! (Hebreos 6:10; 11:4).

Como soubo Abel que sacrificio escoller? A Biblia non o di, pero seguro que lle deu unhas voltas ó asunto. Como era pastor non é de estrañar que ofrecera algún dos seus animais. Pero fíxate en que ofreceu o mellor, as partes que tiñan graxa (Xénese 4:4, TNM). Tamén é posible que meditase no que Xehová lle dixo á serpe no xardín de Edén: “E farei que haxa inimizade entre ti e a muller, e entre a túa descendencia e a descendencia dela. El esmagarache a cabeza, e ti feriraslle o talón” (Xénese 3:15, TNM; Apocalipse 12:9). Aínda que Abel non coñecía a identidade da “muller” e da súa “descendencia”, quizais se deu conta de que a ferida do talón da descendencia da muller implicaría derramar sangue. Está claro, aprendeu que nada é máis valioso ca un ser vivo. En calquera caso, o que sabemos é que lle deu a Xehová un sacrificio moi axeitado.

Os cristiáns da actualidade tamén ofrecemos sacrificios a Deus ó igual que Abel. No canto de ofrecer animais, ofrecemos “un sacrificio de louvanza, é dicir, o froito dos nosos labios que anuncian publicamente o seu nome” (Hebreos 13:15). Que quere dicir isto? Os nosos labios anuncian publicamente o nome de Deus cando falamos del a outras persoas.

Gustaríache mellorar a calidade dos teus sacrificios? Entón pensa no que necesita a xente do teu territorio. Que é o que lle preocupa? Cales son os seus intereses? Que temas da Biblia pode que lle cheguen ó corazón? Despois de falar con alguén, pregúntate como podes mellorar. E cando fales de Xehová, faino con convicción, dende o corazón. Que os teus sacrificios sexan realmente un “sacrificio de louvanza”.

Un profeta predica a xente que rexeita a súa mensaxe

Pensa agora no profeta Enoc. É probable que fose a única testemuña de Xehová naquel tempo. Sénteste coma Enoc? Es o único da túa familia que serve a Deus? O único alumno que hai da túa clase ou o único empregado da túa empresa que segue os principios bíblicos? Se este é o teu caso, tes bo mérito. Vives rodeado de amigos, familiares, compañeiros de traballo ou escola que poida que che animen a pasar por alto as normas de Deus. Quizais che digan: “E quen vai saber o que fas? Non llo imos contar a ninguén”. Pode que insistan en que seguir as normas morais da Biblia é unha parvada porque a Deus non lle interesa o que fas. Como ti non pensas e actúas coma eles, é posible que fagan todo canto está na súa man para que cedas.

Aínda que non é nada fácil estar baixo esa presión, podes aguantar. Pensa de novo en Enoc, o sétimo home na liña de descendentes de Adán (Xudas 14). Cando naceu, á xente non lle importaba o que estaba ben ou mal. Daba vergoña escoitalos e facían “cousas terribles” (Xudas 15). Pódese dicir que actuaban coma moita xente da actualidade.

Como puido aguantar Enoc este ambiente? A resposta éche ben interesante. Aínda que é posible que fose o único que adoraba a Xehová, non estaba só. Enoc andou con Deus (Xénese 5:22).

Para Enoc, facer a Xehová feliz era a cousa máis importante. Sabía que andar con Deus implica moito máis que simplemente levar unha vida moralmente limpa. Xehová esperaba que predicase (Xudas 14, 15). A xente necesitaba alguén que lle advertise que as cousas terribles que facían non pasaban desapercibidas. Enoc seguiu andando con Deus por máis de trescentos anos, moito máis tempo que calquera de nós. E seguiuno facendo ata que morreu (Xénese 5:23, 24).

Tal e como Enoc, nós tamén temos que predicar (Mateo 24:14). Aparte de ir de casa en casa, tamén intentamos falar das boas noticias cos nosos familiares, compañeiros de traballo e de clase. Ás veces pode que se nos faga difícil falar da verdade. É o teu caso? Non te desanimes. Imita os cristiáns do primeiro século e pídelle valor a Deus (Feitos 4:29). Recorda que nunca estarás só mentres esteas camiñando con Deus.

Unha viúva prepara unha comida

Por tan só preparar unha simple comida, Xehová recompensou a unha viúva de dúas maneiras. Esta muller non era unha israelita e vivía na cidade de Sarepta no século X a. n. e. Cando estaba rematando un longo período de fame e seca, a viúva estábase quedando sen alimento. O único que lle quedaba era un puñado de fariña e un pouco aceite para preparar unha última comida para ela mailo seu fillo.

Nesta situación chegou alguén inesperado. Era Elías, o profeta de Deus, e pediulle un pouco de comer. Había o xusto para ela e seu fillo e non tiña nada máis para o visitante. Aínda así, Elías aseguroulle que se compartía a comida con el, seu fillo máis ela non pasarían fame. Tivo que ter fe para crer que Deus se fixaría nela, nunha pobre viúva estranxeira. Pero confiou en Elías e Xehová recompensouna. Comeron “sen que se acabase a fariña da tina nin mermara o aceite na aceiteira, como dixera o Señor por medio de Elías”. Á muller e ó seu fillo non lles faltou comida ata que rematou a fame (1 Reis 17:8-16).

Pero Xehová recompensaría a esta viúva de novo. Algún tempo despois do milagre, seu querido fillo enfermou e morreu. Como a Elías lle deu moita pena, rogoulle a Xehová que o trouxese de volta á vida (1 Reis 17:17-24). Este sería o primeiro milagre deste tipo. Nunca antes se resucitara a ninguén! Volvería axudar Xehová a esta viúva estranxeira? E tanto que si. Deus deulle a Elías o poder para devolverlle a vida ó rapaz. Máis adiante, referíndose a esta muller, Xesús dixo: “Había moitas viúvas en Israel. Pero Deus [...] mandou que Elías fose [...] onda a viúva de Sarepta, na terra de Sidón” (Lucas 4:25, 26).

Incluso nos países desenvolvidos, a estabilidade económica brilla pola súa ausencia. Algunhas das maiores empresas tiveron que despedir a empregados que foron leais á compañía durante décadas. Con ese medo no corpo, un cristián podería caer na trampa de facer unha chea de horas extras para que non o boten. Se o fixese, quedaríalle pouco tempo para ir ás reunións, predicar ou coidar das necesidades emocionais e espirituais da súa familia. Ata podería chegar a pensar que ten que manter ese traballo custe o que lle custe.

É normal que un cristián se preocupe pola súa situación económica. Atopar un traballo en condicións é complicado. Ó igual ca viúva de Sarepta, a maioría de nós non tratamos de ser ricos, pero queremos ter un prato de comida na mesa. Aínda así, o apóstolo Paulo quixo que recordásemos o que Deus nos dixo: “‘Nunca te deixarei e nunca te abandonarei’. Así que podemos dicir cheos de confianza: ‘Xehová é o meu axudante. Non vou ter medo. Que me poden facer as persoas?’” (Hebreos 13:5, 6). Paulo incluso estivo disposto a arriscar a súa vida porque confiaba nesta promesa, e Xehová sempre coidou del. E fará o mesmo por nós se non o abandonamos.

Pode que sintamos que non poderemos facer o mesmo que Moisés, Xedeón ou David, pero o que podemos facer é imitar a súa fe. Tamén podemos lembrar os humildes actos de fe de Abel, Enoc e a viúva de Sarepta. Xehová valora tódolos nosos actos de fe, incluso os máis pequenos. Cando un estudante refuga as drogas que lle ofrece un compañeiro, cando un cristián se mantén íntegro e rexeita as insinuacións que lle fan no traballo ou cando un irmán maior asiste ás reunións a pesar de estar canso e ter pouca saúde, Xehová fíxase e alégrase moitísimo (Proverbios 27:11).

Fíxaste no que fan os demais?

Está claro, Xehová fíxase no que facemos. E nós queremos imitalo. Por iso, debemos estar atentos e recoñecer o traballo dos demais (Efesios 5:1). Por que non pensamos nos retos que afrontan os nosos irmáns para asistir ás reunións, participar na predicación ou simplemente levar adiante a súa vida diaria?

Entón, dálles as grazas por todo o que fan. Poñeranse moi contentos de que te fixes nos seus esforzos. E cando ti os valoras, axúdaslles a recordar que Xehová tamén o fai.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir