BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 1 páxs. 16-19
  • Andou con Deus

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Andou con Deus
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Anda con Deus nestes tempos difíciles
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
  • Ve Xehová o que fas?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2003)
  • Condenou o mundo
    Sirve a Xehová con valor
  • Contido de Xudas
    A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 1 páxs. 16-19

1 ENOC

Andou con Deus

Edición impresa
Edición impresa

ENOC sabía o que é sentirse só. El era moi diferente da xente da súa época. Foi a única persoa do seu tempo da que a Biblia di: “Andou o camiño con Deus”. Pero, como puido un simple home andar con Deus? E que podemos aprender do valor que mostrou Enoc?

Enoc camiñou co Deus verdadeiro polo menos de dúas formas: polo que se negou a facer e polo que si que fixo. Negouse a encaixar no mundo malvado que o rodeaba. Pertencía á sétima xeración despois de Adán e Eva, e aínda que era moi maior, Adán seguía vivo (mira a liña de tempo “Dende os días dos patriarcas ata a época dos xuíces”). Despois de que a primeira parella humana se rebelase, case tódolos seus descendentes seguiron o seu exemplo. O seu fillo Caín asasinou o seu propio irmán Abel, que foi a primeira persoa que demostrou fe en Xehová. Algúns dos descendentes de Caín foron tan violentos coma el ou incluso máis (Xén. 4:23, 24). Enoc demostrou valor porque se negou a deixarse influenciar polo espírito violento da súa época. Foi un home bo e pacífico, por iso Deus estaba tan contento con el.

Algunhas xeracións antes de que Enoc nacese, a xente empezou “a invoca-lo nome do Señor” (Xén. 4:26). Parece que usaban o nome de Xehová para a adoración falsa e de forma irrespectuosa. A diferenza deles, Enoc negouse a facer o mesmo porque amaba e respectaba moitísimo o santo nome de Xehová. Ese foi o motivo polo que era tan diferente das persoas da súa época e polo que se mantivo apartado delas.

Cando Enoc se enfrontou á furia dos que odiaban a súa mensaxe, Xehová fixo o necesario para protexelo.

Enoc necesitou aínda máis valor cando fixo o que Xehová lle pediu. Deus déralle unha responsabilidade especial: ser o seu profeta. Tiña que levarlles a seguinte mensaxe a persoas que eran totalmente distintas a el: “Mirade! Xehová veu cos seus moitos miles de anxos santos para xulgar a todos e para demostrar que tódolos que non tiñan ningún respecto por Deus eran culpables de tódalas cousas malvadas que fixeron con maldade e de tódalas cousas terribles que eses pecadores malvados falaron contra el”.

Enoc proclamando a mensaxe de xuízo de Deus nunha rúa chea de xente. Moitos dos que están alí parecen enfadados e moi molestos, e algúns mesmo van armados.

É interesante que a profecía de Enoc foi escrita en pasado, coma se Xehová xa executase o xuízo contra eles. Isto demostra o convencido que estaba Enoc do cumprimento desta profecía. Tamén deixa claro que Xehová estaba moi enfadado coa forma de actuar daquelas persoas. Enoc destacou que eran persoas pecadoras, malvadas e que “non tiñan ningún respecto por Deus”. Seguro que tódolos que o escoitaron se enfadaron moito. Aínda así, Enoc foi valente e transmitiulles todo o que Xehová lle pedira.

Que fixo a xente despois? A Biblia non o di, pero todo parece indicar que Enoc estaba en perigo. Como o sabemos? O relato explica que Enoc “desapareceu, porque Deus o levou”. Que pasou? A xente malvada do seu tempo odiábao tanto que é posible que o perseguisen para facerlle dano ou para matalo. Pero como Xehová quería moito o seu amigo levouno, é dicir, fixo que se durmise tranquilamente na morte. Así Enoc estaría seguro na memoria de Xehová, onde ninguén podería facerlle dano.

Pero, antes de levalo, Xehová tivo un detalle especial con Enoc: fíxolle saber que “estaba moi contento con el”. Quizais Xehová lle mostrou nunha visión que algún día podería vivir en paz na Terra feita un paraíso. Cando pechou os ollos por última vez, Enoc non tiña ningunha dúbida de que Xehová o quería e que o bendicira pola súa forte fe e enorme valor.

Le o relato da Biblia:

  • Xénese 5:21-24

  • Hebreos 11:5

  • Xudas 14, 15

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Enoc?

Afonda máis

  1. 1. De que maneira pode que a xente empezase “a invoca-lo nome do Señor”? (Xén. 4:26; w01 15/9 páx. 29 par. 3-wcgr).

  2. 2. Que responsabilidade recibiu o fiel Enoc, e como foi capaz de cumprila? (w01 15/9 páx. 31 par. 5-wcgr).

  3. 3. Por que soubo Enoc que o seu valor se poñería a proba incluso antes de empezar a profetizar? (w06 1/10 páx. 19 pars. 13, 14-wcgr). A

    Serie de imaxes: Enoc meditando no que lles pasou ós seus antepasados. 1. O xardín de Edén custodiado por dous querubíns e unha espada chameante. 2. Adán e Eva en idade avanzada. 3. Caín ó carón do corpo sen vida do seu irmán Abel.

    Imaxe A

  4. 4. Como demostrarías que Enoc non foi levado ó ceo como algúns cren? (Xoán 3:13; Heb. 11:5, 13).

Medita no que aprendiches

  • En que ocasións especialmente necesitamos valor para predicar? Tendo en conta o exemplo de Enoc, que nos pode axudar? B

    Un irmán que traballa nun taller mecánico achégase a un compañeiro que ten cara de poucos amigos para darlle unha invitación ás nosas reunións. Os outros compañeiros de traballo rinse del.

    Imaxe B

  • Como se sente Xehová cando o servimos con valor? (Prov. 27:11; Heb. 11:5).

  • Como podes imitar o valor de Enoc na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Enoc cando resucite?

Aprende máis

Como pode axudarche o exemplo de Enoc cando tes que enfrontarte á violencia?

Sigue o exemplo de persoas de fe. Imita a Henoc, non a Lámec (2:53)

Analiza o que lle axudou a Enoc a cultivar e fortalecer a súa fe.

“Anda con Deus nestes tempos difíciles” (w05 1/9 páxs. 13-17)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir