BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg páxs. 246-255
  • “Non vou ter medo”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Non vou ter medo”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • A importancia da oración
  • “Sede valentes!”
  • Podes servir a Xehová con valor!
    Sirve a Xehová con valor
  • Axúdame a ter valor
    Cantémoslle a Xehová con alegría
  • Ser valente non é demasiado difícil
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Cultivemos calidades cristiás. A coraxe
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
Sirve a Xehová con valor
wcg páxs. 246-255

CONCLUSIÓN

“Non vou ter medo”

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

1. Que máis podemos aprender da Biblia sobre o valor?

CHEGADOS ó final deste libro, hai algo máis que se poida dicir do valor? Por suposto! En primeiro lugar, pensa que na Biblia se fala moito máis sobre este asunto tan importante do que podemos analizar nun só libro. En segundo lugar, é importante destacar o que temos que facer para beneficiarnos completamente das leccións que contén a Biblia sobre o valor.

2. Que outros servos fieis de Deus demostraron valor?

2 Ocórreseche algún outro personaxe da Biblia que demostrase valor á parte dos que xa analizamos? É posible que penses nos extraordinarios profetas das Escrituras Hebreas coma Isaías, Xeremías, Ezequiel, Xonás ou Malaquías. Seguramente tiveron que sufrir algunhas das cousas que Paulo describiu no capítulo 11 de Hebreos. Alí dixo que algúns “foron postos a proba con burlas e lategazos, e incluso máis que iso, con cadeas e prisións”. Tamén escribiu que outros pasaron necesidade e dificultades e foron maltratados. Algúns mesmo foron executados (Heb. 11:36, 37). Aínda así, puxéronse con valor de parte de Xehová.

3, 4. Como axudaron dúas mulleres das que non sabemos o nome a salvar o rei David nun momento moi perigoso?

3 Na Biblia tamén aparecen moitas persoas que demostraron valor e das que non se di o seu nome. Pensa por exemplo en dúas mulleres da época do rei David. Estas foron ó seu auxilio cando o seu propio fillo Abxalom, un home cruel e egoísta, intentou derrocar a seu pai, obrigando a David a fuxir de Xerusalén. O rei pediulle a Sadoc, un sacerdote valente, que volvese á cidade e quedase alí para indagar o que Abxalom tramaba facer. Así o fixo e cando Sadoc reuniu a información que necesitaba, enviou unha criada para que llo contase a David. Non sabemos o nome desta criada pero si sabemos que foi moi valente. Ela arriscou a súa vida para contarlle a dous amigos de David o que Sadoc lle dixera. Cando estes ían levarlle a mensaxe a David, un rapaz viunos e foillo contar a Abxalom. Ó darse conta, saíron correndo e escondéronse nun pozo. A muller do propietario, de quen tampouco sabemos o nome, cubriuno rapidamente e botou gran encima. Cando chegaron os homes de Abxalom buscando os dous mensaxeiros, enganounos e mandounos a outro sitio. Estas dúas mulleres valentes axudaron a protexer o rei que Xehová escollera! (2 Sam. 15:23-37; 17:8-22).

Serie de imaxes: Dúas mulleres das que non sabemos o seu nome axudaron a protexer o rei David. 1. A criada falándolles ós dous servos de David. 2. A muller que escondeu os servos de David no pozo do seu marido queda pensando mentres os ve marchar da súa casa na distancia.

A criada e a muller valente que estaba casada co dono do pozo.

4 O certo é que a Biblia está chea de exemplos de valor. Homes e mulleres —coñecidos e anónimos, ricos e pobres, prominentes e comúns— puxéronse con valentía do lado de Xehová. As súas historias poden axudarnos na actualidade.

A importancia da oración

5-7. De onde sacou Paulo o valor que necesitaba para enfrontarse á forte oposición?

5 Como podemos imitar os homes e mulleres valentes que aparecen na Biblia? Temos que entender que non eran valentes por natureza. Tampouco tiveron éxito ó servir a Xehová grazas ás súas propias forzas. Había algo máis implicado. Que máis se necesitaba?

6 Acórdate do apóstolo Paulo. En Filipos, el e Silas foron atacados por unha multitude que lles quitou a roupa, os golpeou repetidamente con varas e os meteu na prisión, onde lles prenderon os pés nun cepo (Feit. 16:12, 19-24). Despois de ser liberado, tiña Paulo medo de seguir predicando? Iso sería o normal, pero Paulo tiña unha responsabilidade que lle dera Xehová. A cidade de Tesalónica sería o seu seguinte destino. De onde sacou a forza e o valor que necesitaba?

7 Máis tarde escribiu: “Como sabedes, en Filipos sufrimos e maltratáronnos. Pero, grazas ó noso Deus, armámonos de valor para anunciarvos as boas noticias de Deus a pesar de ter moita oposición” (1 Tes. 2:2). Paulo sabía que necesitaría valor para facer o que Deus lle pedira, pero de onde o quitaría? Tería algún tipo de forza especial no seu interior que o facía ser valente? Non, el tivo valor “grazas ó noso Deus”. Por iso pediulle humildemente a Xehová que lle dese o valor que necesitaba, e Xehová respondeulle.

8. Como podemos imitar o exemplo de Paulo para ter máis valor?

8 Ti podes facer o mesmo que Paulo. Non te preocupes se no teu interior non atopas algún tipo de forza especial que te faga ser valente. Máis ben acude a Xehová en oración e pídelle que che conceda o valor que necesites en cada situación (Feit. 4:29).

9. Por que necesitamos pedirlle ó noso Pai que nos dea máis fe?

9 Tamén lle podes pedir a teu Pai unha calidade que está estreitamente relacionada: a fe. A fe é parte do froito do espírito santo de Xehová (Gál. 5:22, 23). Tamén é parte da armadura espiritual que necesitamos tódolos cristiáns (Ef. 6:16). A fe cristiá é tan poderosa que a Biblia di que nos permite “vencer o mundo” (1 Xoán 5:4). A túa fe en Xehová é a mellor base para que teñas valor. Cando tes confianza absoluta en que Xehová che axudará cando o necesites, daraste conta de que o teu valor será cada vez máis forte. Por iso, tódolos cristiáns temos boas razóns para pedir o mesmo que os apóstolos de Xesús: “Dános máis fe” (Luc. 17:5).

“Sede valentes!”

10, 11. Por que destacou Paulo a importancia do valor cando lles escribiu ós cristiáns hebreos?

10 Cando Paulo lles escribiu ós cristiáns hebreos de Xerusalén e os seus arredores, sabía que moi pronto afrontarían tempos moi difíciles. Xesús profetizara a terrible destrución da cidade, e ese momento estábase achegando a gran velocidade (Luc. 19:41-44; 21:20-24). Que lles dixo Paulo para axudarlles a ser valentes? Repasemos as súas palabras, das que xa falamos na introdución deste libro. Recordoulles a amorosa promesa de Xehová: “Nunca te deixarei e nunca te abandonarei”. Que efecto pode que tivese esta promesa neles? Paulo continuou: “Podemos dicir cheos de confianza: ‘Xehová é o meu axudante. Non vou ter medo. Que me poden facer as persoas?’” (Heb. 13:5, 6).

11 Aínda que a Biblia non dá detalles sobre a destrución de Xerusalén do ano 70, podemos estar seguros de que os cristiáns fieis da cidade seguiron o consello inspirado de Paulo. Conseguiron o valor necesario para seguir as instrucións de Xesús e escaparon ás montañas xusto no momento exacto (Luc. 21:20, 21).

12. a) Como podes ser ti valente cando pases por tempos duros? b) Como demostraron algúns homes e mulleres un valor sobresaínte nestes últimos días, e que estás decidido a facer ti? (Mira o recadro “Imita o seu valor”).

12 Xehová tamén pode axudarche da mesma maneira a ti cando pases por tempos duros, tanto agora coma no futuro (Ezeq. 38:1, 2, 10-12; Mat. 24:21). Recorda sempre que Xehová prometeu protexernos (Ezeq. 38:19-23; 2 Tes. 3:3). Nunca abandonará aqueles que o aman e teñen fe nel. O que Xehová lle dixo a Xosué tamén che aplica a ti: podes ser “rexo e coraxudo”! (Xos. 1:7, 9, 18). Ten sempre presentes as sentidas palabras que Xesús lles dixo ós seus seguidores: “Sede valentes!”. Xesús prometeu darche o espírito santo do seu Pai, e podes estar seguro de que cumprirá a súa palabra. O espírito santo potenciará o teu valor para que poidas aguantar calquera proba que se che poña por diante (Xoán 14:26; 15:26, 27; 16:33). Poderás dicir cheo de confianza: “Non vou ter medo”!

Serie de imaxes: Irmáns afrontando probas con valor. 1. Unha irmá adolescente nunha aula sorrí con confianza mentres leva con ela un libro da escola e o folleto “Como empezou a vida?”. 2. Nun campo de refuxiados, uns pais envolven cos seus brazos a súa filliña e esta sorrí. 3. Un irmán novo sorrí mentres mira a través dos barrotes da súa cela.

Sen importar cales sexan as nosas circunstancias, Xehová promete usar o seu espírito santo para darnos máis valor e así poder enfrontarnos a calquera proba que se nos poña por diante.

Imita o seu valor

Martin e Gertrud Poetzinger

Martin e Gertrud Poetzinger.

Martin e Gertrud levaban tan só tres meses e medio casados e desfrutando xuntos do servizo a tempo completo cando o réxime nazi de Adolf Hitler os separou. Martin foi arrestado en 1936 e pouco despois levado ó campo de concentración de Dachau. Máis tarde Gertrud tamén foi arrestada e durante nove longos anos non puideron verse. Durante a maior parte dese tempo ningún dos dous soubo se o outro seguía vivo. Pero ambos estaban decididos a manter a súa integridade. Máis tarde, Martin foi trasladado ó infame campo de concentración de Mauthausen, onde o trataron cunha crueldade extrema. Gertrud foi sentenciada a pasar tres anos e medio nunha cela de illamento. Despois diso foi obrigada a pasar outros catro anos no campo de concentración de Ravensbrück. Cando rematou a guerra descubriu que Martin estaba vivo. Entón suplicoulle a un oficial do exército que o liberase, e isto axudou a que saísen outras cen Testemuñas que sobreviviron ós horrores de Mauthausen. Cando por fin volveron estar xuntos empezaron de novo o servizo a tempo completo. Co tempo foron invitados a servir en Brooklyn, Nova York, onde Martin chegou a formar parte do Consello Reitor das Testemuñas de Xehová. El adoitaba dicirlles os irmáns: “O valor é a posesión máis valiosa que podes ter!”. Os dous serviron felices e foron leais a Xehová ata a morte.

“O valor é a posesión máis valiosa que podes ter!” M. Poetzinger

Valentina Garnovskaya

Valentina Garnovskaya.

Valentina vivía en Bielorrusia e tiña 20 anos cando coñeceu por primeira vez a unha testemuña de Xehová no ano 1945. Un irmán faloulle sobre a Biblia e Xehová, e a ela encantoulle o que aprendeu. El volveu dúas veces máis a falar con ela, pero despois diso nunca o volveu ver. Como as Testemuñas estaban prohibidas, era moi complicado contactar con elas. Aínda así, non tivo medo de compartir con outras persoas o que aprendera. Como consecuencia, foi arrestada e sentenciada a oito anos nun campo de traballo. Cando foi liberada en 1953, enseguida volveu a compartir as verdades da Biblia con outros. Así que foi arrestada outra vez, pero nesta ocasión foi sentenciada a dez anos en diferentes campos de traballos forzados. Nun destes coñeceu a varias mulleres Testemuñas que contaban cunha Biblia que mantiñan escondida. Cando unha delas lla ensinou, foi a primeira vez que Valentina puido ver este libro sagrado dende que falou con aquela Testemuña tantos anos atrás. Cando foi liberada en 1967 bautizouse como testemuña de Xehová. Predicou con entusiasmo ata que a volveron arrestar en 1969 e a sentenciaron a tres anos de prisión. A pesar de todo, nunca deixou de falar das boas noticias. Para cando morreu en 2001, axudara a unhas 44 persoas a aprender a verdade da Palabra de Deus. Volvendo a vista cara atrás dixo: “Nunca tiven un lugar propio onde vivir. Todo o que tiña cabía nunha maleta, pero sentinme feliz e satisfeita ó servir a Xehová”.

“Nunca tiven un lugar propio onde vivir. Todo o que tiña cabía nunha maleta, pero sentinme feliz e satisfeita ó servir a Xehová.” V. Garnovskaya

Alfredo Fernández

Alfredo Fernández.

Alfredo tiña uns 19 anos cando o chamaron para servir no exército arxentino. Despois de analizar o que di a Biblia sobre as guerras e a política decidiu que non quería participar en ningunha guerra. Así que se negou a servir como soldado e incluso a poñerse o uniforme militar. Mandárono a prisión por ser obxector de conciencia, onde o torturaron e o trataron con crueldade chegando varias veces a facerlle pensar que ían executalo. Pero el seguiu lendo a súa Biblia e tomando notas do que ía aprendendo. Cando ía ser xulgado, o xuíz ofreceulle a liberdade a cambio de levar posto o uniforme militar no tribunal. El negouse rotundamente, así que o volveron mandar ó cárcere. Debido á tortura que sufriu, enfermou gravemente. O doutor da prisión díxolle que a próxima vez que o vise sería nun ataúde. Dándose conta de que non lle quedaba moito tempo, Alfredo escribiu unha carta ó seu fogar. Empezou dicindo: “Miña querida familia, nunca quixen escribirvos unha carta coma esta. Pero debido á miña situación vexo que é necesario”. Agradeceulles todo o apoio que lle deron mentres estaba no cárcere. Díxolles: “Síntome moi agradecido ó noso cariñoso Deus, Xehová, por permitirme formar parte dunha familia coma esta. [...] Entendo a angustia que sentiredes ó ler estas palabras, pero pídovos que non deixedes que a dor vos afunda e que aguantedes contra ela deixando que Xehová vos console por medio da súa Palabra. [...] Lembrade sempre que a morte é un estado temporal. Espero que o recordo que tendes de min vos anime a mantervos firmes”. Despois de tres anos no cárcere Alfredo morreu en 1982 con 21 anos de idade, fiel ata o final.

“Pídovos que non deixedes que a dor vos afunda e que aguantedes contra ela.” A. Fernández

Karen Oehm

Karen e Rainer Oehm.

Karen serviu a Xehová dende que era nena, e sempre foi moi alegre e amigable. Encantáballe ser pioneira, e despois servir no Betel dos Estados Unidos co seu marido Rainer. Cando tiña pouco máis de 50 anos, diagnosticáronlle unha enfermidade terminal: esclerose lateral amiotrófica (ELA). Esta enfermidade mata as células nerviosas ata que a persoa xa non pode nin falar nin moverse, e finalmente lle provoca a morte. Dende o primeiro momento, Karen decidiu ser positiva e usar o seu tempo da mellor maneira. Dedicouse de cheo ó seu estudo persoal e a falarlles a outros sobre as boas noticias, mentres facía todo o que podía para axustar a súa vida ás novas circunstancias. Cando empezou a perder a capacidade de falar, aprendeu a utilizar un ordenador que seguía o movemento dos seus ollos, permitíndolle escribir palabras na pantalla. Aínda que era un proceso moi difícil, desta maneira era capaz de escribir os seus comentarios para as reunións e cartas para participar na predicación. Unha das súas enfermeiras, que tamén era Testemuña, recorda: “Nunca se preguntou por que lle pasaba iso. Incluso dúas semanas antes de morrer, escribiulle unha carta a unha muller á que lle sigo predicando. Ó final da carta díxolle: ‘Se necesitas un ombro no que chorar, estou aquí’”. Outra enfermeira comentou: “Nunca chorou pola súa enfermidade. Aínda que sabía que non ía mellorar, nunca se deprimiu. Grazas á fe forte que tiña na resurrección, non lle parecía lóxico estar triste. Sabía que despertaría outra vez, e Xehová faría que estivese sa e fose perfecta”. Ó principio da súa enfermidade, a súa irmá xemelga preguntoulle: “Como podes ser tan forte?”. Karen respondeulle: “Xehová realmente che dá as forzas que necesitas”. E isto demostrou ser certo ata o final. Despois da morte de Karen, o seu marido entregoulles á súa familia e amigos cartas que ela escribira para darlles grazas, consolalos e animalos.

“Xehová realmente che dá as forzas que necesitas.” K. Oehm

13. Que te impulsa a seguir sendo valente hoxe en día?

13 Imaxina o día no que toda a Terra estará en paz e a alegría que sentiremos cando volvamos ver que resucitan aqueles que estaban na memoria de Xehová. Imaxina o que será coñecer os homes e mulleres valentes dos que falamos neste libro e a moitos outros! Pensas que algún deles se arrepentirá de escoller servir a Xehová no vello mundo de Satán, aínda que esa decisión valente lles costase a vida? Claro que non! E que hai de ti? Mentres traballas con eles para transformar a Terra nun paraíso, arrepentiraste de ser valente e mostrarlle amor a Xehová durante estes últimos días? Abofé que non! Por iso toma a determinación de seguir mostrando valor ata o final. Esa será unha decisión da que estarás orgulloso por toda a eternidade!

Irmáns, irmás e nenos desfrutando da vida no Paraíso. Algúns están alimento xirafas mentres outros observan un lince, fan pizzas, conversan xuntos ou tocan instrumentos musicais.
    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir