SECCIÓN 3
A época do Mesías e dos seus seguidores
Esta sección abarca un período de arredor dun século. Ó principio aprenderemos sobre unha humilde virxe xudía chamada María, a quen Xehová lle confiou unha das responsabilidades máis importantes que lle deu a un ser humano imperfecto, e remataremos nos días de Xoán, o querido apóstolo de Xesús. Polo camiño analizaremos exemplos de valor tan impresionantes coma o de Xoán o Bautista, o apóstolo Pedro, María Madalena, Esteban e o apóstolo Paulo. Enfrontáronse a desafíos como anunciar que Xesús era o Mesías cando a maioría da xente do seu arredor o rexeitaban, seguir as súas pisadas a pesar da persecución e compartir as súas ensinanzas cos demais a pesar da oposición e o odio que sufriron.