SECCIÓN 2
Dende os días dos reis ata a reconstrución de Xerusalén
Edición impresa
Esta sección abarca un período duns seis séculos. Empezamos con Ionatán, o fillo do rei Saúl. Despois falaremos de David, o primeiro rei leal de Israel. Chegaremos á época na que o pobo de Deus regresa do exilio de Babilonia e reconstrúe Xerusalén. Tamén poderemos aprender dos exemplos de Abigail, Natán, Elías, Daniel, Ester, Nehemías e outros máis. Todos eles necesitaron valor en diferentes situacións. Por exemplo, tiveron que gobernar sobre o pobo rebelde de Deus, manterse leais mentres que os seus reis non o facían e poñerse de parte da verdade cando a nación escollida por Deus se deixou levar pola apostasía e a maldade.