CANCIÓN 8
Xehová, ti es o meu refuxio
Edición impresa
(Salmo 91)
1. Xehová, e-lo refuxio
a onde acudirei.
Ti e-la miña forza,
en quen me apoiarei.
Meu Deus, meu brazo defensor,
nas probas fasme vencedor.
Ti e-la fortaleza
onde sempre residirei.
2. Aínda se hai miles
caendo ó meu carón,
non tremo porque teño
a túa protección.
De min xamais te esquecerás,
nas túas ás me gardarás.
Camiño con confianza,
agardando a liberación.
3. Á noite non lle temo
pois e-lo meu gardián.
As miñas inquietudes
escoitas sen cansar.
Axúdasme a non caer
se ves que as forzas vou perder.
Ti e-lo meu refuxio,
termas forte da miña man.
(Ver tamén Sal. 97:10; 121:3, 5; Is. 52:12.)