CANCIÓN 124
Sempre fieis e leais
Edición impresa
(Salmo 18:26 [18:25, TNM])
1. Fieis por sempre nós seremos
a Xehová, o Creador.
Coñece-los seus mandatos
fai crece-lo noso amor.
Os seus ditos nunca fallan,
obedientes imos ser.
A Xehová Deus serviremos,
moi leais e fieis a el.
2. Fieis por sempre nós seremos
ós irmáns que Deus nos dá.
Ó seu lado seguiremos,
nunca sós se sentirán.
Con cariño, con tenrura,
con respecto e con amor
coidaremos dos que sofren,
sen marchar do seu carón.
3. Fieis por sempre nós seremos
ós anciáns que guía dan.
Do rabaño eles coidan,
imos serlles moi leais.
Deus promete recompensas,
forzas, vida, bendicións...
Se mostramos lealdade,
el daranos protección.
(Ver tamén Sal. 149:1; 1 Tim. 2:8; Heb. 13:17.)