CANCIÓN 162
Necesitamos a guía de Deus
1. Deus puxo dentro de min
un sentimento sen fin:
o de aprender cada vez máis
do meu Pai celestial.
Moitos quixeron encher
ese baleiro sen el,
pero non hai paz interior
lonxe do Creador.
(REFRÁN)
Xehová é todo pra min!
El é meu Pai, faime feliz!
Os seus consellos e leis
sempre escoitarei.
Necesito ter
a guía de Deus!
2. Lendo a Biblia verei
como achegarme a el.
Ó meditar vou encontrar
xoias espirituais.
Hai quen só cre no que ve,
pero por el orarei,
pra que tamén poida atopar
a verdadeira paz!
(REFRÁN)
Xehová é todo pra min!
El é meu Pai, faime feliz!
Os seus consellos e leis
sempre escoitarei.
Necesito ter
a guía de Deus!
Xehová é todo pra min!
El é meu Pai, faime feliz!
Os seus consellos e leis
sempre escoitarei.
Necesito ter
a guía de Deus!
Xehová é todo pra min!
El é meu Pai, faime feliz!
Os seus consellos e leis
sempre escoitarei.
Necesito ter
a guía de Deus!
(Ver tamén Sal. 1:1, 2; 112:1; 119:97; Is. 40:8; Mat. 5:6; 16:24; 2 Tim. 4:4.)