BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • hf sección 9 partes 1-2
  • Adorade a Xehová en familia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Adorade a Xehová en familia
  • A túa familia pode ser feliz
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • 1 FORTALECE A TÚA RELACIÓN CON XEHOVÁ
  • 2 DESFRUTADE DA VOSA ADORACIÓN EN FAMILIA
  • Que é a Adoración en Familia?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Axuda á túa familia a non esquecer a Xehová
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
  • Continúa a carón de Xehová
    Que nos ensina a Biblia?
A túa familia pode ser feliz
hf sección 9 partes 1-2
Unha parella estudando a Biblia xuntos

SECCIÓN 9

Adorade a Xehová en familia

“Adorade o creador do ceo e da terra” (Apocalipse 14:7)

Segundo viches neste folleto, a Biblia contén moitos principios que vos axudarán a ti e á túa familia. Xehová quere que sexades felices. De feito, promete que, se facedes da Súa adoración o máis importante para vosoutros, daravos tódalas cousas necesarias para vivir (Mateo 6:33). Deus quere que sexades os seus amigos. Aproveitade calquera oportunidade que teñades para cultivar a vosa amizade con Deus. É o maior honor que calquera persoa pode ter (Mateo 22:37, 38).

1 FORTALECE A TÚA RELACIÓN CON XEHOVÁ

Un marido e unha muller predicando xuntos

QUE DI A BIBLIA? “Serei un pai para vós e vós seredes para min fillos e fillas” (2 Corintios 6:18). Deus quere que sexas o seu amigo íntimo. Orarlle axudarate a selo. Xehová invítate a ‘orar constantemente’ (1 Tesalonicenses 5:17). Xehová desexa que lle contes o que pensas e as túas preocupacións (Filipenses 4:6). Se oras coa túa familia, verán que Deus é real para ti.

Ademais de falar con Deus, tamén tes que escoitar o que el che di. Podes facer isto estudando a Biblia e publicacións baseadas nela (Salmo 1:1, 2). Medita no que aprendes (Salmo 77:11, 12). Escoitar a Xehová tamén inclúe asistir con regularidade ás reunións cristiás (Salmo 122:1-4).

Outra forma importante de fortalecer a túa relación con Deus é falándolles a outros acerca del. Canto máis o fagas, máis preto del te sentirás (Mateo 28:19, 20).

QUE PODES FACER?

  • Aparta tempo cada día para ler a Biblia e orar.

  • Como familia, dádelle prioridade ás actividades espirituais por riba do ocio.

2 DESFRUTADE DA VOSA ADORACIÓN EN FAMILIA

Un pai se prepara para estudar coa súa familia e logo desfruta da Adoración en Familia

QUE DI A BIBLIA? “Achegádevos a Deus e El achegarase a vós” (Santiago 4:8). Tes que planificar e seguir un programa regular de adoración en familia (Xénese 18:19). Pero non chega só con isto. Deus debe estar presente no voso día a día. Fortalece a relación que a túa familia ten con Deus falando acerca del “estando na túa casa e indo polo teu camiño, estando deitado e estando de pé” (Deuteronomio 6:6, 7). Ponte o obxectivo de ser coma Xosué, quen dixo: “Eu e maila miña familia serviremos ó Señor” (Xosué 24:15).

QUE PODES FACER?

  • Ten un programa regular de adoración que che permita atender as necesidades de cada un dos membros da familia.

Unha nai léndolle ó seu fillo pequeno; unha familia representa un relato da Biblia; un pai estuda coa súa filla

FELICES SERVINDO A XEHOVÁ

Non hai nada mellor que adorar a Xehová. Para el é un pracer ver como ti e maila túa familia lle servides. Segundo o fagades, amarédelo e imitarédelo cada vez máis (Marcos 12:30; Efesios 5:1). Se contades con Deus no voso matrimonio, este será cada vez máis forte (Eclesiastés 4:12; Isaías 48:17). Ti e a túa familia poderedes ser felices para sempre, sabendo que contades coa bendición de Deus (Deuteronomio 12:7).

PREGÚNTATE:

  • Cando foi a última vez que oramos xuntos como parella?

  • Que podemos estudar en familia para fortalecer a nosa fe en Xehová?

PARA O CABEZA DE FAMILIA:

  • Non permitas que nada interfira na vosa adoración en familia.

  • Dille con tempo á túa familia o que ides estudar para que se poidan preparar.

  • Asegúrate de que toda a familia estea presente.

  • Crea un ambiente tranquilo para que poidades desfrutar.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir