BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • hf sección 8 partes 1-3
  • Como afrontar as desgrazas?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como afrontar as desgrazas?
  • A túa familia pode ser feliz
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • 1 CONFÍA EN XEHOVÁ
  • 2 COIDA DA TÚA FAMILIA E DE TI MESMO
  • 3 BUSCA AXUDA
  • Xehová coida do seu pobo
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Quero morrer. Pode axudarme a Biblia se teño pensamentos suicidas?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Xehová axúdanos nos momentos difíciles
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Desfruta do teu traballo
    Continúa no amor de Deus
Ver máis
A túa familia pode ser feliz
hf sección 8 partes 1-3
Un marido e unha esposa aflixidos pola perda dun fillo

SECCIÓN 8

Como afrontar as desgrazas?

“Brincades de alegría, anque agora, se fai falta, teñades que sufrir por un pouco tempo diferentes probas” (1 Pedro 1:6)

Por moito que te esforces por ter un matrimonio e unha familia felices, poida que ocorran cousas inesperadas que cho dificulten (Eclesiastés 9:11). Deus bondadosamente dános axuda para facer fronte ás dificultades. Se aplicas os seguintes principios bíblicos, tanto ti como a túa familia poderedes saír adiante mesmo nas peores situacións.

1 CONFÍA EN XEHOVÁ

QUE DI A BIBLIA? “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias, que El coida de vós” (1 Pedro 5:7). Recorda sempre que Xehová non é quen causa os teus problemas (Santiago 1:13). Segundo te vaias achegando a El, Deus axudarate da mellor maneira posible (Isaías 41:10). “Desafoga diante del o corazón” (Salmo 62:9 [62:8, NM]).

Atoparás consolo ó ler e estudar a Biblia tódolos días. Como consecuencia verás de primeira man como Xehová nos anima “en tódalas nosas mágoas” (2 Corintios 1:3, 4; Romanos 15:4). El promete que che dará “a paz de Deus, que supera toda intelixencia” (Filipenses 4:6, 7, 13).

Un home nunha cama de hospital orando coa súa familia

QUE PODES FACER?

  • Rógalle a Xehová que te axude a manter a calma e a pensar con claridade.

  • Ante un problema, revisa tódalas túas opcións e escolle a que creas mellor.

2 COIDA DA TÚA FAMILIA E DE TI MESMO

QUE DI A BIBLIA? “Mente prudente acada o saber” (Proverbios 18:15). Trata de recoller toda a información importante. Descobre o que necesita cada membro da túa familia. Fala con eles. Escóitaos con atención (Proverbios 20:5).

Que facer cando un dos nosos morre? Non gardes para ti os teus sentimentos e expresa como te sentes. Recorda que mesmo Xesús “botouse a chorar” (Xoán 11:35; Eclesiastés 3:4). Toma o teu tempo para descansar e durmir o suficiente (Marcos 6:31). Deste xeito serache máis sinxelo afrontar unha situación angustiosa.

QUE PODES FACER?

  • Antes de que pase nada malo, colle o costume de falar coa túa familia. Así, cando teñades un problema, halles ser moito máis doado falar contigo.

  • Fala con outros que poida que afrontasen situacións parecidas.

3 BUSCA AXUDA

QUE DI A BIBLIA? “Un amigo ama en todo tempo” (Proverbios 17:17). Os teus amigos desexan axudarte, pero poida que non saiban como. Dilles o que de verdade necesitas (Proverbios 12:25). Busca tamén a axuda espiritual daqueles que coñecen ben a Biblia. A súa guía baseada na Palabra de Deus axudarate (Santiago 5:14).

Se te xuntas con xente que de verdade ten fe en Deus e cre nas Súas promesas terás a axuda que necesitas. Tamén recibirás ánimo ó axudar a outros que necesiten consolo. Comparte con eles a túa fe en Xehová e nas Súas promesas. Mantente ocupado axudando ós demais, e non te illes daqueles que te queren e que desexan coidar de ti (Proverbios 18:1; 1 Corintios 15:58).

QUE PODES FACER?

  • Fala cun amigo íntimo e deixa que te axude.

  • Sé específico e honesto cando fales do que necesitas.

INTENTA VER O CADRO COMPLETO

Aínda que sintas que xa non podes máis, céntrate en Deus. Mentres pasaba por moitas, Xob afirmou: “Bendito sexa o nome de Iavé!” (Xob 1:21, 22). Igual que fixo Xob, pon o nome de Deus e a súa vontade por riba das túas preocupacións. Cando as cousas non saian como pensabas, non perdas a esperanza. Confía plenamente en Deus. “Soamente eu coñezo os proxectos que eu planeo para vós –é o Señor quen fala–, proxectos de fartura e non de desgracia, de darvos un porvir e unha esperanza” (Xeremías 29:11).

PREGÚNTATE:

  • Confío completamente en Xehová, mesmo nos asuntos pequenos?

  • Que razóns teño para agradecerlle a Xehová diariamente a súa bondade?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir