PREGUNTA 19
De que falan os libros da Biblia?
ESCRITURAS HEBREAS (ANTIGO TESTAMENTO)
PENTATEUCO (5 LIBROS):
Xénese, Éxodo, Levítico, Números, Deuteronomio
Desde a creación do mundo ata que se forma a nación de Israel.
LIBROS HISTÓRICOS (12 LIBROS):
Xosué, Xuíces, Rut
Entrada do pobo de Israel na Terra Prometida e algúns acontecementos posteriores.
1 e 2 Samuel, 1 e 2 Reis, 1 e 2 Crónicas
Historia da nación de Israel ata a destrución de Xerusalén.
Esdras, Nehemías, Ester
Historia dos xudeus despois de volver do exilio en Babilonia.
LIBROS POÉTICOS (5 LIBROS):
Xob, Salmos, Proverbios, Eclesiastés, O Cantar dos Cantares
Conxunto de consellos e cancións.
LIBROS PROFÉTICOS (17 LIBROS):
Isaías, Xeremías, Lamentacións, Ezequiel, Daniel, Oseas, Xoel, Amós, Abdías, Xonás, Miqueas, Nahúm, Habacuc, Sofonías, Axeo, Zacarías, Malaquías
Profecías sobre o pobo de Deus.
ESCRITURAS GREGAS CRISTIÁS (NOVO TESTAMENTO)
EVANXEOS (4 LIBROS):
Mateo, Marcos, Lucas, Xoán
A vida e o ministerio de Xesús.
FEITOS DOS APÓSTOLOS (1 LIBRO):
O inicio da congregación cristiá e os primeiros misioneiros.
CARTAS (21 LIBROS):
Romanos, 1 e 2 Corintios, Gálatas, Efesios, Filipenses, Colosenses, 1 e 2 Tesalonicenses
Cartas dirixidas a diferentes congregacións cristiás.
1 e 2 Timoteo, Tito, Filemón
Cartas dirixidas a algúns cristiáns concretos.
Hebreos, Santiago, 1 e 2 Pedro, 1, 2, e 3 Xoán, Xudas
Cartas dirixidas ós cristiáns en xeral.
APOCALIPSE (1 LIBRO):
Conxunto de visións proféticas que tivo o apóstolo Xoán.