PREGUNTA 18
Como podes acercarte a Deus?
“A ti, o que escoita as oracións, a ti acudirá xente de toda clase”.
Salmo 65:2
“Confía en Xehová con todo o teu corazón e non te apoies no teu propio entendemento. Tómao en conta en tódolos teus camiños, e el fará rectas as túas sendas”.
Proverbios 3:5, 6
“Isto significa vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro, e a quen ti enviaches, Xesucristo”.
“De feito, [Deus] non está moi lonxe de cada un de nós”.
“Sigo pedindo nas miñas oracións que o voso amor medre cada vez máis, xunto con coñecemento exacto e un entendemento máis profundo”.
“Se a algún de vós lle falta sabedoría, que lla pida constantemente a Deus, e el daralla. Porque el dá con xenerosidade a todos e sen botarlle nada en cara a ninguén”.
“Acercádevos a Deus e el acercarase a vós. Limpade as mans, pecadores, e purificade o voso corazón, indecisos”.
“O amor a Deus consiste nisto: en obedecer os seus mandamentos. E os seus mandamentos non son unha carga”.