PREGUNTA 15
Como podemos ser felices?
“É mellor un prato de verduras onde hai amor que un touro engordado onde hai odio”.
Proverbios 15:17
“Eu, Xehová, son o teu Deus, o que te ensina polo teu propio ben, o que te guía polo camiño no que debes andar”.
Isaías 48:17
“Felices os que recoñecen que necesitan a guía de Deus, porque deles é o Reino dos ceos”.
“Ama os demais como te amas a ti mesmo”.
“Tratade os demais como vos gustaría que vos tratasen a vós”.
“Felices os que escoitan a palabra de Deus e a obedecen!”.
“Aínda que alguén teña moito, as cousas que ten non lle poden dar a vida”.
“Así que, se temos comida e roupa, esteamos contentos con iso”.
“Hai máis felicidade en dar que en recibir”.