PREGUNTA 14
Como administrar ben os cartos?
“O que ama a diversión acabará na pobreza; o que ama o viño e o aceite non se fará rico”.
Proverbios 21:17
“O que pide prestado é escravo do que presta”.
Proverbios 22:7
“Se algún de vós quere construír unha torre, quen non se senta antes a calcular os gastos para ver se ten abondo para terminala? Non vaia ser que poña os cimentos pero non poida acabala, e tódolos que o vexan empecen a burlarse del e digan: ‘Este home empezou a construír e non foi capaz de acabar’”.
“Cando a xente xa non tiña máis fame, díxolles ós seus discípulos: ‘Recollede os cachos que sobraron para que non se desperdicie nada’”.