PREGUNTA 16
Como facerlles fronte ás preocupacións?
“Bota a túa carga sobre Xehová, e el vaite soster. Xamais permitirá que caia o xusto”.
Salmo 55:22
“Os plans do que é traballador terán bos resultados; en cambio, todo o que se precipita acabará na pobreza”.
Proverbios 21:5
“Non teñas medo, porque estou contigo. Non te angusties, porque eu son o teu Deus. Eu dareiche forzas. Si, eu axudareiche. Coa miña man dereita de xustiza, de veras te sosterei”.
Isaías 41:10
“Quen de vós, por angustiarse, pode facer que a súa vida dure unha hora máis?”.
“Así que nunca vos angustiedes polo día seguinte, porque o día seguinte terá as súas propias preocupacións. Xa chega cos problemas que hai cada día”.
“Pido que vos aseguredes de cales son as cousas máis importantes”.
“Non vos angustiedes por nada. En vez diso, en calquera situación, facédelle saber a Deus as vosas peticións con oracións e súplicas, e dándolle grazas. E a paz de Deus, que vai máis alá do que calquera ser humano pode entender, protexerá o voso corazón e a vosa mente por medio de Cristo Xesús”.