PREGUNTA 2
Como podes coñecer a Deus?
“Este libro da Lei non debe apartarse da túa boca, e tes que lelo e meditar nel día e noite, a fin de que obedezas coidadosamente todo o que está escrito nel; porque entón irache ben no teu camiño e entón actuarás con sabedoría”.
Xosué 1:8
“E seguiron lendo en voz alta o libro da Lei do Deus verdadeiro e explicando con claridade o que quería dicir. Así axudaron ó pobo a entender o que se estaba lendo”.
“Feliz o home que non anda segundo os consellos dos malvados […], senón que desfruta coa lei de Xehová; día e noite le a súa lei e medita nela. […] Todo o que el faga terá éxito”.
Salmo 1:1-3
“Felipe foi correndo ó lado do carro e escoitou que o home estaba lendo en voz alta os escritos do profeta Isaías. Entón preguntoulle: ‘De verdade entendes o que estás lendo?’. El respondeulle: ‘E como o vou entender se ninguén me ensina?’”.
“As cualidades invisibles de Deus (o seu poder eterno e divindade) vense claramente desde a creación do mundo, porque se perciben polas cousas creadas, así que eles non teñen escusa”.
“Reflexiona sobre estas cousas, dedícate de cheo a elas, para que todos vexan claramente o teu progreso”.
“E esteamos pendentes uns dos outros para motivarnos a mostrar amor e a facer boas obras, sen deixar de reunirnos”.
“Se a algún de vós lle falta sabedoría, que lla pida constantemente a Deus, e el daralla. Porque el dá con xenerosidade a todos e sen botarlle nada en cara a ninguén”.