PREGUNTA 3
Quen escribiu a Biblia?
“Moisés puxo por escrito tódalas palabras de Xehová”.
Éxodo 24:4
“Daniel tivo un soño e visións na súa cabeza mentres estaba deitado na cama. Despois puxo por escrito o soño; deixou un rexistro completo do asunto”.
Daniel 7:1
“Cando escoitastes a palabra de Deus, que vos chegou por medio de nós, non a aceptastes coma se fose a palabra de homes, senón como o que de verdade é: a palabra de Deus”.
“Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar”.
“Nunca se fixo ningunha profecía por vontade humana, senón que os homes falaron de parte de Deus guiados por espírito santo”.