PREGUNTA 1
Quen é Deus?
“Que a xente saiba que o teu nome é Xehová, que só ti es o Altísimo sobre toda a terra”.
Salmo 83:18
“Sabede que Xehová é Deus. El é quen nos fixo e nós pertencémoslle”.
Salmo 100:3
“Eu son Xehová. Ese é o meu nome; a miña gloria non lla dou a ninguén nin lle dou a louvanza que me pertence a imaxes esculpidas”.
Isaías 42:8
“A tódolos que invoquen o nome de Xehová, el vainos salvar”.
“Claro, toda casa é construída por alguén, pero o que construíu tódalas cousas é Deus”.
“Levantade a vista ó ceo e vede. Quen creou estas cousas? É aquel que as fai saír coma un exército, contándoas unha por unha; chámaas a todas polo seu nome. A súa enerxía dinámica é tan inmensa e o seu poder tan impresionante que ningunha delas falta”.
Isaías 40:26