Introdución á Palabra de Deus
A Biblia contén a mensaxe de Deus para a humanidade, e por iso tamén é coñecida como a Palabra de Deus. Ademais, ensínanos o que temos que facer para ser felices e para ter a aprobación de Deus. Tamén responde a estas preguntas:
COMO BUSCAR VERSÍCULOS NA BIBLIA
A Biblia é un conxunto de 66 libros máis pequenos. Está dividida en dúas seccións: as Escrituras Hebreoarameas (Antigo Testamento) e as Escrituras Gregas Cristiás (Novo Testamento). Cada libro da Biblia divídese en capítulos e versículos. Cando se cita un texto bíblico, o primeiro número que aparece despois do nome do libro é o capítulo, e o seguinte número é o versículo. Por exemplo, Xénese 1:1 refírese ó capítulo 1 do libro de Xénese, versículo 1.