PERSONAXE BÍBLICO
Sé valente e leal igual que Benaías
Benaías era un valente guerreiro que serviu os reis David e Salomón. Aínda que era fillo dun sacerdote e eles normalmente non utilizaban armas, el participou nas guerras de Xehová e demostrou ter moita valentía. Por exemplo, matou un león nunha cisterna e tamén derrotou un soldado inimigo xigantesco. David confiaba tanto en Benaías que o fixo xefe da súa escolta (2 Sam. 23:20-23).
Benaías mantívose leal a David durante as rebelións de Abxalom e Adonías (2 Sam. 8:18; 15:18; 1 Reis 1:8). E cando David era maior, tamén apoiou a coroación de Salomón (1 Reis 1:32-40). Foi leal a Xehová e ós reis que El escolleu incluso cando outros non o foron.
Nós tamén temos que ser valentes para loitar contra o noso poderoso inimigo, Satanás, e os que o seguen. Así que temos que estar decididos a seguir vivindo seguindo as normas de Xehová (Ef. 6:11; 1 Ped. 5:8, 9). Incluso se alguén decide deixar de servir a Deus, nós seguiremos leais ó seu lado, confiando en que nos vai recompensar (2 Sam. 22:26).