BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w26 xuño páx. 31
  • Preguntas dos lectores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Preguntas dos lectores
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
  • Información relacionada
  • Unha representación con moito significado
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
w26 xuño páx. 31

PREGUNTAS DOS LECTORES

De que dous pactos estaba falando Paulo en Gálatas 4:24?

Despois de falar da relación que Abrahán tiña con Sara e con Agar, o apóstolo Paulo dixo: “Estas cousas poden ter un significado simbólico porque estas mulleres representan dous pactos” (Gál. 4:22-24).

No pasado, explicouse que estes dous pactos eran o pacto da Lei e o novo pacto. Pero despois de estudar estes versículos de novo, cremos que é necesario cambiar esta explicación. Parece ser que Paulo se estaba referindo ó pacto con Abrahán, e non ó novo pacto. Vexamos algúns detalles sobre isto.a

Paulo relacionou a Agar, a muller escrava, co monte Sinaí (Gál. 4:25). Nese monte fíxose o pacto da Lei no ano 1513 a. n. e. (Éx. 19:5, 6). Así que ó falar de Agar referíase ó pacto da Lei. Como ningún humano imperfecto podía cumprir por completo con esa Lei, recordáballes ós xudeus que eran escravos do pecado. Este pacto puido axudar á nación de Israel a identificar o Mesías, xa que sería o único humano capaz de cumprir coa Lei á perfección. Cando o Mesías sacrificou a súa vida perfecta, fixo posible que os humanos imperfectos fósemos liberados do pecado e da morte (Gál. 3:19, 24, 25). Unha vez que Xesús cumpriu co propósito de Deus, a Lei deixou de ser necesaria (Rom. 10:4).

Paulo fixo un contraste entre Agar e Sara, a “muller libre” que deu a luz “por unha promesa” (Gál 4:23). A promesa era o pacto con Abrahán (Gál. 3:29; 4: 28, 30). Isto está resumido en Xénese 22:18: “Tódolos pobos da terra terán bendición na túa descendencia [a de Abrahán], por me teres ti obedecido”.

Este pacto feito con Abrahán deu máis información sobre a promesa que Xehová fixo en Edén (Xén. 3:15). Revelou que a “descendencia” prometida sería un descendente de Abrahán. Paulo explicou que esta “descendencia” refírese principalmente a Xesucristo. Pero os “discípulos de Cristo”, é dicir os 144.000 unxidos que gobernarán con el no seu Reino, tamén forman parte desta descendencia en sentido figurado (Gál. 3:16, 29; Apoc. 14:1-3). O cumprimento da promesa que Xehová lle fixo a Abrahán traeralles moitas cousas boas a aqueles que acepten e obedezan a Xesús.

Por que usou Paulo este “significado simbólico”? Estaba mostrando que se os xudeus do seu tempo insistían en seguir obedecendo a Lei, seguirían sendo escravos igual que Agar. Pero se aceptaban a “descendencia” principal de Abrahán, é dicir a Xesucristo, serían libres coma Sara. Quedarían libres do pecado e da morte (Xoán 8:32-34). Se non aceptaban a Xesús, perderíanse o propósito orixinal do pacto da Lei: guialos ata o Cristo.

Moitos dos gálatas ós que Paulo escribira non eran xudeus e nunca estiveran baixo a Lei. Pero algúns xudaizantes insistían en que os cristiáns xentís obedecesen a Lei, incluído o requisito da circuncisión. O apóstolo razoou que sería absurdo que fosen escravos da Lei cando xa foran liberados ó aceptar a Cristo (Gál. 5:1, 10-14).

a Isto corrixe o que se publicou na revista La Atalaya do 15 de marzo de 2006, páxinas 10 a 12.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir