BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w26 xuño páx. 32
  • As redes de pescar en tempos bíblicos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • As redes de pescar en tempos bíblicos
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
  • Información relacionada
  • Xesús aparéceselles ós pescadores
    Aprendamos das historias da Biblia
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
w26 xuño páx. 32

DATO BÍBLICO

As redes de pescar en tempos bíblicos

Algúns discípulos de Xesús traballaban de pescadores e probablemente usaban redes para pescar no mar de Galilea (Mar. 1:16-20).

Para facer as redes de pesca usábanse cordas ou fíos, normalmente de liño, atadas entre si para formar algo parecido a unha tea de araña. O tamaño dos seus buratos dependía do tipo de peixe que querían pescar. As pequenas normalmente tiñan chumbos ou pedras para facelas afundir mentres que as grandes que eran de arrastre tiñan pesos no extremo inferior e flotadores de madeira ou cortiza no extremo superior.

As redes de pesca eran caras. Podían danarse coas rocas do fondo do mar ou romperse polo peso se collían moitos peixes á vez (Luc. 5:6). Na Biblia menciónase a Santiago e Xoán “reparando as redes”, posiblemente cunha agulla e un fío de liño (Mat. 4:21). É probable que os pescadores fixesen estas reparacións despois de cada uso. Lucas tamén describe a uns pescadores “limpando as redes” para quitarlles os restos (Luc. 5:2). Ademais, colgábanas para secar, posiblemente para evitar que se descompuxesen (Ezeq. 47:10).

Xesús invitou a homes que estaban acostumados a usar as redes a facerse “pescadores de homes”.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir