BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb22 setembro páx. 13
  • Características útiles do libro “Desfruta da vida para sempre!”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Características útiles do libro “Desfruta da vida para sempre!”
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Información relacionada
  • Publicacións en papel nunha era dixital
    Como se usan as túas doazóns
  • Usemos os vídeos ó dar cursos da Biblia
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
  • Como dirixir clases da Biblia utilizando “Desfruta da vida para sempre!”
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Usa na predicación as novas ferramentas: “Desfruta da vida para sempre!”
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
Ver máis
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
mwb22 setembro páx. 13

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Características útiles do libro Desfruta da vida para sempre!

Gústache usar os vídeos e as preguntas de opinión do libro Desfruta da vida para sempre!? Que che parecen as partes “Hai quen di”, “Intenta isto” e “Investiga”? Que outras características che resultan útiles para impartir cursos da Biblia? (Mt 28:19, 20).

O libro “Desfruta da vida para sempre!” na aplicación “JW Library”. Dentro pode verse a opción para acceder a “Contidos multimedia da sección 1”.

Contidos multimedia: Se prefires usar a edición impresa do libro para dar cursos da Biblia, podes atopar facilmente e nun só lugar tódolos vídeos e contidos multimedia. Como facelo? Vai á edición dixital e selecciona unha das catro seccións principais. Ó final da lista que contén os títulos das leccións poderás acceder a todo o contido multimedia desa sección (Ver a imaxe 1).

Opción “Edición impresa”: Se usas un dispositivo electrónico cando impartes cursos da Biblia, quizais che sexa práctico utilizar a opción “Edición impresa” nalgúns momentos da clase. Unha vez que esteas dentro dunha lección, pulsa nos tres puntos que aparecen arriba á dereita e selecciona “Edición impresa”. Esta opción axudarache a ver con claridade como se relaciona o punto que estás analizando co resto da lección. Para volver á edición dixital, pulsa outra vez nos tres puntos e selecciona “Edición dixital”.

O libro “Desfruta da vida para sempre!” na aplicación “JW Library”. Dentro poden verse as opcións para acceder a “Estou preparado?” e “Notas”.

“Estou preparado?”: Estes recadros, que están cerca do final do libro, resumen os requisitos básicos para predicar coa congregación e bautizarse (Ver a imaxe 2).

Notas: As notas conteñen explicacións adicionais sobre algúns temas importantes. Na edición dixital do libro hai un enlace ó final de cada nota que che permite volver ó punto da lección onde estabas (Ver a imaxe 2).

Aínda que alguén que estude a Biblia contigo se bautice antes de acabar o libro Desfruta da vida para sempre!, asegúrate de analizalo por completo con el. Podes seguir anotando o tempo, as revisitas e o curso bíblico. E se te acompaña un publicador, pode anotar o tempo igualmente.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir