BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb20 febreiro páx. 7
  • Estamos a tirar proveito do texto do día?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Estamos a tirar proveito do texto do día?
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • DESPOIS DE VER O VÍDEO NON LLE QUEIRADES BEN Ó MUNDO (1 XN. 2:15), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
  • Como me pode axudar a Biblia? | Parte 3. Aproveita ó máximo a túa lectura da Biblia
    Preguntas da xuventude
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
mwb20 febreiro páx. 7

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Estamos a tirar proveito do texto do día?

Sacamos tempo acotío para ler o texto do día e o seu comentario no folleto Examinando las Escrituras diariamente? Se non, poderiamos facelo? Moitos analízano cedo e aproveitan para reflexionar nel durante o resto do día (Xos. 1:8; Sal. 119:97). Como poderiamos tirar aínda máis proveito do texto do día? Primeiro, lendo os versículos anteriores e posteriores para coñecer o contexto. Despois, pensando nun relato da Biblia que se relacione coa idea principal do texto. Por último, aplicando esa idea na nosa vida. Se permitimos que o que lemos na Palabra de Deus inflúa nas nosas decisións, entón tiraremos verdadeiro proveito e deixaremos que Xehová nos guíe (Sal. 119:105).

As familias Betel de todo o mundo analizan xuntas o texto do día a primeira hora da mañá. De feito, moitos destes programas aparecen agora en JW Broadcasting® na categoría PROGRAMAS E EVENTOS. Cando foi a última vez que vimos un? Se cadra algún deles é xusto o que precisamos. Por exemplo, como pode influír nas nosas decisións o relato de Lot?

DESPOIS DE VER O VÍDEO NON LLE QUEIRADES BEN Ó MUNDO (1 XN. 2:15), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Cal é o principio bíblico no que se basea este programa de Adoración Matinal?

  • Que aprendemos do relato de Lot sobre o perigo de quererlle ben ó mundo e ó que hai nel? (Xén. 13:12; 14:12; 19:3, 12, 13, 24-26)

  • Como podemos demostrar que lle queremos ben a Xehová e non ó mundo nin ó que hai nel?

Colaxe: un irmán reflexiona en distintos momentos sobre o texto do día e o seu comentario. 1. Mentres o le, está imaxinando os anxos tirando de Lot e da súa familia fóra de Sodoma. 2. Mentres está almorzando no traballo, segue cavilando no que leu pola mañá. 3. Mentres dobra a roupa pola noite, segue reflexionando sobre do que leu pola mañá.

Como podo demostrar ó longo do día que valoro a Palabra de Xehová?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir