A NOSA VIDA CRISTIÁ
Estamos a tirar proveito do texto do día?
Sacamos tempo acotío para ler o texto do día e o seu comentario no folleto Examinando las Escrituras diariamente? Se non, poderiamos facelo? Moitos analízano cedo e aproveitan para reflexionar nel durante o resto do día (Xos. 1:8; Sal. 119:97). Como poderiamos tirar aínda máis proveito do texto do día? Primeiro, lendo os versículos anteriores e posteriores para coñecer o contexto. Despois, pensando nun relato da Biblia que se relacione coa idea principal do texto. Por último, aplicando esa idea na nosa vida. Se permitimos que o que lemos na Palabra de Deus inflúa nas nosas decisións, entón tiraremos verdadeiro proveito e deixaremos que Xehová nos guíe (Sal. 119:105).
As familias Betel de todo o mundo analizan xuntas o texto do día a primeira hora da mañá. De feito, moitos destes programas aparecen agora en JW Broadcasting® na categoría PROGRAMAS E EVENTOS. Cando foi a última vez que vimos un? Se cadra algún deles é xusto o que precisamos. Por exemplo, como pode influír nas nosas decisións o relato de Lot?
DESPOIS DE VER O VÍDEO NON LLE QUEIRADES BEN Ó MUNDO (1 XN. 2:15), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Cal é o principio bíblico no que se basea este programa de Adoración Matinal?
Que aprendemos do relato de Lot sobre o perigo de quererlle ben ó mundo e ó que hai nel? (Xén. 13:12; 14:12; 19:3, 12, 13, 24-26)
Como podemos demostrar que lle queremos ben a Xehová e non ó mundo nin ó que hai nel?
Como podo demostrar ó longo do día que valoro a Palabra de Xehová?