BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp16 núm. 4
  • Unha historia importante

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Unha historia importante
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
  • Información relacionada
  • Como nos chegou a Biblia
    Despertade! (2007)
  • A3 Como chegou a Biblia ata nós
    A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Por que podes estar convencido de que a Palabra de Deus é a verdade?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Por que sobreviviu a Biblia?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
wp16 núm. 4

TEMA DE PORTADA | A BIBLIA. UNHA HISTORIA DE SUPERVIVENCIA

Unha historia importante

Un home sostén unha Biblia e mira escéptico.

A Biblia é diferente dos demais textos relixiosos. Ningún outro libro influíu tanto nas crenzas de millóns de persoas durante un período de tempo tan longo. Pero, á vez, ningún outro libro foi tan examinado nin criticado como a Biblia.

Por exemplo, algúns expertos dubidan de que as biblias actuais sexan copias fiables dos textos orixinais. “Nin sequera podemos estar seguros de que conseguísemos reconstruír o texto orixinal con exactitude”, dixo un experto en estudos relixiosos. E engadiu: “Só temos copias cheas de erros; a enorme maioría delas fixéronse séculos despois dos orixinais e, ó parecer, difiren deles en milleiros de formas”.

Outras persoas dubidan da autenticidade da Biblia debido ós seus antecedentes relixiosos. Por exemplo, Faizal criouse nunha familia que non era cristiá. Ensináronlle que a Biblia é un libro sagrado, pero que o texto fora modificado. “Como resultado, desconfiaba das persoas que querían falarme da Biblia”, di el. “Despois de todo, non tiñan a Biblia orixinal, fora cambiada”.

Pero, importa se a Biblia cambiou ou non? Pensa nisto: a Biblia contén promesas fermosas para o futuro. Poderías confiar nelas se non tiveses a seguridade de que esas promesas estaban no texto orixinal? (Romanos 15:4) Se as biblias actuais fosen simples copias defectuosas, usarías os principios bíblicos para tomar decisións importantes sobre o emprego, a familia ou mesmo a adoración a Deus?

Aínda que os escritos orixinais da Biblia desapareceron, podemos consultar copias antigas, o que inclúe miles de manuscritos. Como sobreviviron eses manuscritos á deterioración, á oposición e ós intentos de manipular o texto? De que xeito pode a súa supervivencia facer que confíes máis na autenticidade das biblias que están dispoñibles na actualidade? Imos ver as respostas a estas preguntas na seguinte historia de supervivencia.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir