BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp16 núm. 4
  • A Biblia sobrevive á deterioración

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A Biblia sobrevive á deterioración
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
  • Información relacionada
  • A Biblia sobrevive ós intentos de alterar a súa mensaxe
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
wp16 núm. 4

TEMA DE PORTADA | A BIBLIA. UNHA HISTORIA DE SUPERVIVENCIA

A Biblia sobrevive á deterioración

O ATAQUE. Os escritores e copistas da Biblia escribiron en papiro e pergamiño (2 Timoteo 4:13).a En que sentido puxeron en perigo a supervivencia da Biblia estes materiais?

O papiro vólvese crebadizo, descolórase e debilítase facilmente. Os exiptólogos Richard Parkinson e Stephen Quirke explican: “Co tempo, unha folla desgástase ata se converter nun esqueleto de fibras e un puñado de po. Mentres está gardado, un rolo pode cubrirse de mofo ou podrecer pola humidade, e cando está enterrado pode acabar devorado polos roedores e os insectos, especialmente polos térmites”. Algúns papiros estiveron expostos a demasiada luz ou humidade despois de ser descubertos, e iso acelerou a súa deterioración.

O pergamiño é máis resistente que o papiro, pero tamén se deteriora se non se manipula axeitadamente ou se se expón a temperaturas, humidade ou luz excesivas.b Tamén é atacado polos insectos. Por esa razón, a obra Everyday Writing in the Graeco-Roman East (A escritura cotiá no oriente grecorromano) di con relación ós rexistros antigos que “a supervivencia é a excepción, non a regra”. Se a Biblia sufrise esa deterioración, a súa mensaxe xa estaría perdida.

COMO SOBREVIVIU A BIBLIA. A Lei que se lles deu ós israelitas mandaba que tódolos reis de Israel escribisen “pra sí nun libro unha copia dista lei”, é dicir, dos cinco primeiros libros da Biblia (Deuteronomio 17:18, Sagra Biblia en Galego). Ademais, os copistas profesionais fixeron tantos manuscritos que para finais do século primeiro podían atoparse copias das Escrituras nas sinagogas de todo Israel e ata na afastada Macedonia (Lucas 4:16, 17; Feitos 17:11). Como sobreviviron ata o día de hoxe algúns daqueles antigos manuscritos?

1. Unha vasilla de barro; 2. Un fragmento dun dos rolos do Mar Morto.

Os manuscritos coñecidos como rolos do Mar Morto sobreviviron durante séculos en vasillas de barro almacenadas en covas nunha rexión árida.

Unha das covas onde se atoparon algúns dos manuscritos da Biblia.

O experto no Novo Testamento Philip Comfort comenta: “Sabíase que os xudeus gardaban os rolos das Escrituras en ánforas ou vasillas de barro a fin de conservalas”. E os cristiáns seguiron o mesmo costume. Esta é a razón pola que algúns manuscritos da Biblia se descubriron en vasillas de barro, en habitacións escuras, en covas e tamén en rexións moi secas.

O RESULTADO. Miles de fragmentos de manuscritos da Biblia, algúns de máis de dous mil anos de antigüidade, sobreviviron ata os nosos días. Ningún outro texto histórico ten tantos manuscritos tan antigos.

a O papiro é un material feito coa planta acuática do mesmo nome. O pergamiño está feito con peles de animais.

b Por exemplo, a acta orixinal da Declaración de Independencia dos Estados Unidos escribiuse sobre pergamiño. Pasaron menos de douscentos cincuenta anos e o texto foise borrando ata o punto de ser case ilexible.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir