BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 38 páxs. 170-175
  • Apagaron a furia do lume

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Apagaron a furia do lume
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • “Propúxose non se contaminar”
    Sirve a Xehová con valor
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Apunta as respostas ás seguintes preguntas
    2025-2026 Programa para o Congreso de Circuíto con Superintendente de Circuíto
  • Apunta as respostas ás seguintes preguntas
    2025-2026 Programa do Congreso de Circuíto con Representante da Sucursal
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 38 páxs. 170-175

38 OS TRES HEBREOS

Apagaron a furia do lume

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

A HANANÍAS, Mixael e Azarías seguramente lles gustaría que Daniel estivese con eles cando se enfrontaron a esta proba inesperada. Era un moi bo amigo e un home de gran fe. Pero todo indica que non estaba alí cando os seus amigos, ós que os babilonios chamaron Xadrac, Mixac e Abednegó, pasaron por este momento tan difícil.

Todo empezou cando o rei Nabucodonosor mandou construír unha enorme estatua. Era tan alta coma un edificio de nove pisos e tiña tres metros de ancho. Para inaugurala, o rei organizou unha enorme festa e esixiu que tódolos funcionarios do goberno estivesen presentes. Os tres hebreos tiñan que obedecer esta orde do rei e asistir á cerimonia.

Un silencio sepulcral encheu o lugar cando o pregoeiro transmitiu as ordes do rei. En primeiro lugar soaría música, probablemente para espertar as emocións dos que estaban alí. Despois, tódolos presentes terían que prostrarse para adorar a estatua. Que farían os tres mozos hebreos? Sabían ben que a Lei de Xehová condenaba a idolatría (Éx. 20:4, 5).

Diante dunha gran multitude, tiveron que escoller entre adorar un ídolo ou morrer.

A música empezou a soar e todos a unha inclináronse no chan para adorar a estatua. Pero tres homes quedaron de pé, e seguramente tódalas miradas se centraron neles. Entón un grupo de caldeos aproveitou para acusar falsamente estes mozos hebreos. Dixéronlle a Nabucodonosor: “Nin fan caso de ti, maxestade, nin serven os teus deuses; tampouco adoran a estatua de ouro que ti erixiches”. O rei mandou traelos diante del e preguntoulles moi enfadado se iso era certo. Pero antes de que puidesen responder ameazounos. Díxolles que lles ía dar unha oportunidade máis para que obedecesen e quen non o fixese sería “botado inmediatamente no medio dun forno co lume aceso”. Aseguroulles que ningún deus podería rescatalos.

Hananías, Mixael e Azarías póñense de pé con confianza no medio dunha gran multitude que está inclinándose ante a enorme imaxe de ouro de Nabucodonosor. Tres soldados armados van cara a eles.

Pero nin Hananías, nin Mixael, nin Azarías dubidaron. Dixéronlle ó rei: “Se o noso Deus, a quen servimos, quere librarnos do forno do lume abrasador e mais das túas mans, hanos salvar, rei. E aínda que non o fixese, ouh rei, que che conste que nós non servirémo-los teus deuses, nin adorarémo-la estatua de ouro que erixiches”. Nabucodonosor estaba fóra de si. Ordenou que quentasen o forno moito máis do normal, que os atasen e os botasen nas chamas. O forno estaba tan quente que as lapas mataron os homes que botaron os hebreos no lume!

Entón, Nabucodonosor viu algo que o aterrou. Alí, no medio do forno, podíanse ver, non tres, senón catro homes andando polo medio do lume sen queimarse! O rei dixo que o aspecto da cuarta persoa era “o dun ser divino”. Nabucodonosor achegouse ó forno todo o que puido e berrou para que saísen.

Os tres hebreos quedan asombrados no medio dun forno en chamas. O anxo de Xehová está diante deles. Dende fóra do forno, Nabucodonosor e os seus gardas miran abraiados.

Imaxina a sorpresa e o asombro cando os tres homes saíron en perfecto estado, sen ningún tipo de dano no seu corpo nin na súa roupa. Nin sequera cheiraban a fume, só as cordas que os ataban desapareceran. O gran Nabucodonosor quedou abraiado e felicitou estes fieis hebreos por obedecer o seu Deus. Falando deles dixo: “Confiando nel, desobedeceron o decreto real e entregaron os seus corpos por non serviren nin adoraren outros deuses fóra do seu Deus”.

Este orgulloso monarca decretou que calquera persoa do seu imperio que falase en contra de Xehová fose executada. Ademais deulles ós tres hebreos un posto de máis autoridade no goberno. Pero Xehová aínda fixo máis: nunca esqueceu o que fixeron. Por exemplo, séculos máis tarde o apóstolo Paulo falou dos que, grazas á súa gran fe, “non lles afectou a forza do lume”. Seguro que cando escribiu esas palabras estaba pensando en Hananías, Mixael e Azarías.

Le o relato da Biblia:

  • Daniel 3:1-30

  • Hebreos 11:33, 34

Pensa nisto:

De que formas demostraron valor Hananías, Mixael e Azarías?

Afonda máis

  1. 1. Como demostran os descubrimentos arqueolóxicos a veracidade do capítulo 3 de Daniel? (w23.07 páx. 31). A

    © The Trustees of the British Museum. Licensed under CC BY-NC-SA 4.0. Source. Modifications: Box added

    Imaxe A: Un ladrillo cocido co nome de Nabucodonosor.

  2. 2. Que é posible que significasen os nomes babilonios que lles deron ós tres hebreos? (dp páx. 35 par. 14-wcgr).

  3. 3. Que indica que Nabucodonosor era moi relixioso? (dp páx. 69 par. 3-wcgr). B

    O rei Nabucodonosor está de pé nunha azotea observando ó lonxe un cigurat que el mesmo construíu.

    Imaxe B: Nabucodonosor construíu e restaurou templos de moitos deuses babilonios.

  4. 4. Diante da imaxe de Nabucodonosor había xente de “tódolos pobos, nacións e linguas”. Por que estarían dispostos a adorar a imaxe se probablemente tiñan os seus propios deuses? (Dan. 3:7; dp páx. 73 par. 10-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Os tres hebreos mantivéronse firmes cando se enfrontaron á proba da comida. Máis tarde, tamén se mantiveron firmes cando a súa vida corría perigo. Que nos ensina isto sobre ser fieis nas cousas máis pequenas? (Luc. 16:10). C

    Serie de imaxes: Tres aspectos nos que podemos demostrar lealdade en cousas pequenas. As escenas repítense a continuación. Unha irmá compra por Internet un conxunto de roupa modesto. Ten revistas de moda ó lado do seu ordenador. Un irmán chega ó traballo ás 7:29. Outros traballadores están por aí cerca, mirando algo no móbil. Unha irmá pon o cinto do coche antes de conducir.

    Imaxe C

  • Cando sufrimos persecución, como podemos imitar as seguintes calidades que tiñan os tres hebreos? (Dan. 3:16-18).

    • Humildade.

    • Calma.

    • Lealdade.

  • Como podes imitar o valor destes tres homes?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que che gustaría preguntarlles a Hananías, Mixael e Azarías cando resuciten?

Aprende máis

Como pode un cristián ser respectuoso e mostrar neutralidade nun evento público?

Sexamos neutrais nos eventos públicos (4:25)

Mira que máis podes aprender imaxinando que es un dos tres hebreos.

“Rescatados de las llamas” (“Actividades para estudiar la Biblia” de jw.org en español)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir