BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 19 páxs. 90-93
  • Cumpriron un voto difícil

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cumpriron un voto difícil
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Fixo felices a seu pai e mais a Xehová
    Aprendamos da Biblia en familia
  • Xehová aproba os que teñen fe nel
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2016)
  • A promesa de Iefté
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Iefté, un home espiritual
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 19 páxs. 90-93

19 XEFTÉ E A SÚA FILLA

Cumpriron un voto difícil

Edición impresa
Edición impresa

VOLVE ser unha época mala para Israel porque, unha vez máis, o pobo deixara de adorar a Xehová. Como resultado, Deus permitiu que os oprimisen por uns dezaoito anos (Xuí. 10:8). Finalmente recoñeceron que pecaran, desfixéronse dos seus deuses falsos e volveron a Xehová. Aínda así, pouco tempo despois, os amonitas xuntáronse en Galaad para atacar Israel.

Os anciáns de Galaad pedíronlle a un home chamado Xefté que viñese e os liderase na guerra. Xefté marchara daquela terra porque os seus medio irmáns o botaran. Agora, é posible que eses mesmos irmáns estivesen entre o grupo de anciáns que lle pediu que volvese. Estaría amargado ou resentido? Non. Xefté accedeu a volver e pelexar, pero primeiro intentou facer as paces cos amonitas. O rei deste pobo esixía recuperar unha parte da nación de Israel que supostamente lles pertencía. Pero Xefté enviou mensaxeiros para explicarlle en detalle por que non tiñan dereito a ela. Xefté demostrou que coñecía ben como Xehová lles axudara a derrotar as nacións veciñas e lles dera aquela terra ós israelitas. Aínda así, o rei dos amonitas negouse a escoitar. Estaba decidido a loitar contra eles.

Mentres Xefté se preparaba para a guerra recibiu o espírito de Deus. Así que Xefté non estaba sendo impulsivo nin inxenuo ó facerlle este voto a Xehová: “Se de certo po-los fillos de Amón nas miñas mans, o que saia das portas da miña casa ó meu encontro, ó voltar eu victorioso de onda os fillos de Amón, será para o Señor e ofrecereino en holocausto”.

Significa isto que Xefté estaba pensando en queimar literalmente un humano? Por suposto que non! Xehová detestaba e prohibía os sacrificios humanos (Deut. 18:10, 12). Máis ben, Xefté quería dicir que a primeira persoa que saíse da súa casa sería “para o Señor” no sentido de que estaría completamente dedicada ó seu servizo no tabernáculo de Xiloh. Sabía que lle sería difícil cumprir con este voto. Só tiña unha filla, á que quería moito. E ela podería ser a primeira persoa que saíse ó seu encontro ó volver da batalla.

Pero agora era o momento de ir á guerra. Con moito valor, dirixiu os seus homes na batalla e Xehová deulles unha gran vitoria. Venceron os seus inimigos e despois fixeron “unha desfeita grande abondo”, destruíndo vinte cidades amonitas.

Xefté volveu a casa triunfante. Quizais tiña a esperanza de que o primeiro en saír da súa casa a recibilo fose un dos seus servos. Se foi así, pouco tardou en levar unha decepción. A primeira persoa que saíu ó seu encontro foi a súa filla, que estaba tan feliz que saíu bailando e tocando a pandeireta. En cambio Xefté, púxose moi triste, rachou a súas roupas e berrou: “¡Ouh miña nena! Magoáchesme de verdade, e ti e-la razón da miña mágoa, pois dei a miña palabra ó Señor e non podo botarme atrás”.

Xefté e a súa filla tiñan que cumprir un voto, pero iso implicaría facer un enorme sacrificio.

A filla de Xefté entendeu que o voto de seu pai lle cambiaría a vida por completo. A partir de agora estaría dedicada exclusivamente ó servizo sagrado a Xehová. Isto implicaba que nunca podería casar nin ter fillos, algo devastador para unha muller israelita. Aínda así esta moza demostrou moito valor e díxolle a seu pai: “Se deches unha palabra ó Señor, fai comigo segundo o que prometiches”. Só lle pediu que lle deixase estar un tempo coas súas amigas para chorar porque xa non tería a posibilidade de casar e ser nai.

Xefté racha a súa roupa e cae de xeonllos. A súa filla achégase a el e tranquilízao poñéndolle a man no seu ombro.

A filla de Xefté non foi egoísta e demostrou moito valor. Por iso, tódolos anos as súas amigas ían visitala durante catro días para felicitala e darlle ánimo. E seguro que o seu servizo no tabernáculo tivo moitas recompensas. É probable que arredor daquela época vivise alí o pequeno Samuel. Axudaría ela na súa educación e animaríao a seguir servindo a Xehová? Non o sabemos. Pero se foi así debeu sentirse moi feliz, xa que ela non tiña fillos. O que si sabemos é que naquela época había un problema coa inmoralidade sexual no tabernáculo (1 Sam. 2:22). Participaría ela nesa mala conduta? Non, pois a Biblia di que nunca tivo relacións sexuais con ningún home.

O apóstolo Paulo incluíu a Xefté entre os homes e mulleres de gran fe (Heb. 11:32). Tanto el como a súa filla foron magníficos exemplos de valor. El loitou a favor do pobo de Deus e ela apoiouno por completo. Xuntos cumpriron un difícil voto a Xehová.

Le o relato da Biblia:

  • Xuíces 10:15, 16; 11:1-40

Pensa nisto:

De que formas demostraron valor Xefté e a súa filla?

Afonda máis

  1. 1. Que indica que os amonitas non só estaban loitando contra os israelitas senón tamén contra a adoración verdadeira? (it “Xefté” par. 6-wcgr). A

    Israelitas derrubando un poste sagrado mentres algúns os miran. Imaxe dentro dun círculo: Unha muller escacha un pequeno ídolo.

    Imaxe A: “Retiraron os deuses alleos do medio deles, e serviron ó Señor” (Xuí. 10:16).

  2. 2. En que se parece a actitude de Xefté á de Xacob cando lle fixo un voto a Xehová? (it “Xefté” par. 11-wcgr).

  3. 3. Por que implicou un sacrificio moi grande para Xefté cumprir o seu voto? (w17.04 páx. 4 par. 6-wcgr).

  4. 4. Samuel naceu arredor do ano 1180 a. n. e. Por que é posible que el e a filla de Xefté servisen no tabernáculo ó mesmo tempo? (it “Xefté” par. 2-wcgr; mira a liña de tempo “Dende os días dos patriarcas ata a época dos xuíces”).

Medita no que aprendiches

  • Que efecto pode ter nos fillos que os seus pais demostren o mesmo valor que Xefté?

  • Como poden os cristiáns da actualidade imitar as amigas que animaron a filla de Xefté e lle axudaron a seguir sendo valente? B

    Unha irmá que está no estranxeiro abrindo con emoción un paquete con cousas básicas mentres que está nunha videochamada con amigos. O paquete ten comida, vitaminas, outros regalos e unha carta.

    Imaxe B

  • Como podes imitar na túa vida o valor que demostraron Xefté e a súa filla?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlles a Xefté e á súa filla cando resuciten?

Aprende máis

Como pode axudarlles ós cristiáns solteiros o exemplo da filla de Xefté?

Sé feliz servindo solteiro a Xehová (5:15)

Mira o que podemos aprender de Xefté e da súa filla para manternos fieis a Xehová.

“Xehová aproba os que teñen fe nel” (w16.04 páxs. 5-9)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir