BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 35
  • Como podemos tomar boas decisións?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como podemos tomar boas decisións?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Tomemos decisións que honren a Deus
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2011)
  • Como usar os principios bíblicos para educar a conciencia
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
  • Introdución
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2024
  • Como ter a conciencia limpa ante Deus
    Continúa no amor de Deus
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 35
Lección 35. Un home buscando anuncios de coches en Internet mentres a súa muller e os seus fillos miran.

LECCIÓN 35

Como podemos tomar boas decisións?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Todos temos que tomar decisións. E moitas delas poden ter un impacto moi grande en nós e na nosa amizade con Xehová. Por exemplo, poida que teñamos que decidir onde imos vivir, como nos imos gañar a vida ou se imos casar ou non. Cando tomamos boas decisións, podemos ser felices e agradarlle a Xehová.

1. Como che pode axudar a Biblia a tomar boas decisións?

Antes de tomar unha decisión, pídelle axuda a Xehová e analiza o que di a Biblia para saber o que el pensa sobre ese tema (le Proverbios 2:3-6). Ás veces, Xehová dá unha norma clara. Neses casos, a mellor decisión que podes tomar é obedecelo.

Pero, que pasa se non hai un mandato claro na Biblia que che diga o que tes que facer? Xehová seguirate guiando “polo camiño por onde debes ir” (Isaías 48:17). Como? A Biblia contén principios que poden servirche de guía. Os principios bíblicos son verdades básicas que nos axudan a entender o que pensa e o que sente Deus. Moitas veces, cando lemos un relato na Biblia, aprendemos o que pensa Xehová sobre certo asunto. Cando entendemos como se sente Xehová, podemos tomar decisións que lle agradan.

2. Que deberías ter en conta antes de tomar unha decisión?

A Biblia di: “O prudente vixía os pasos que dá” (Proverbios 14:15, SBG). Iso significa que, antes de tomar unha decisión, debemos pararnos a pensar nas diferentes opcións que temos. Cando analices cada opción pregúntate: “Que principios bíblicos aplican neste caso? Cal destas opcións me deixará coa conciencia tranquila? Vai afectar a outros a miña decisión? E o máis importante, fará feliz a Xehová?” (Deuteronomio 32:29).

Xehová ten o dereito de dicirnos o que está ben e o que está mal. Cando chegamos a coñecer ben as súas normas e principios, e estamos decididos a seguilos, cultivamos unha boa conciencia. A conciencia é o sentido interno que temos cada un de nós sobre o que está ben e o que está mal (Romanos 2:14, 15). Unha conciencia ben educada axudaranos a tomar boas decisións.

AFONDA MÁIS

Mira como inflúen os principios da Biblia e a nosa conciencia nas decisións que tomamos.

3. Deixa que a Biblia te guíe

Como poden guiarnos os principios bíblicos cando tomamos decisións? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Deixa que os principios da Biblia te guíen (5:54)

  • Que é o libre albedrío?

  • Por que nos deu Xehová libre albedrío?

  • Que axuda nos deu para tomar as mellores decisións?

Para ver un exemplo dun principio bíblico lede Efesios 5:15, 16. Logo comentade como aproveitar o tempo da mellor maneira posible para...

  • ler a Biblia tódolos días.

  • ser mellor marido ou muller, pai ou nai, fillo ou filla.

  • ir ás reunións de congregación.

4. Educa a túa conciencia para tomar boas decisións

Cando hai unha norma clara na Biblia sobre un asunto, pode parecer fácil saber cal é a decisión correcta. Pero, que pasa cando non a hai? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: “Tede a conciencia limpa” (5:13)

  • Que pasos deu a irmá do vídeo para educar a súa conciencia e tomar unha decisión que lle agradase a Xehová?

Cando teñamos que tomar unha decisión, por que non deberiamos preguntarlles a outros o que temos que facer? Lede Hebreos 5:14 e logo comentade estas preguntas:

  • Aínda que pareza fácil pedirlles a outros que decidan por nós, que deberiamos ser capaces de distinguir por nós mesmos?

  • Con que ferramentas contamos para educar a nosa conciencia e tomar boas decisións?

Unha persoa conducindo por unha estrada leva un GPS no coche para seguir pola ruta correcta.

Igual que un mapa, a nosa conciencia dinos por onde temos que ir na vida

5. Respecta a conciencia dos demais

Todos somos diferentes e por iso tomamos diferentes decisións. Como podemos demostrar que respectamos a conciencia dos demais? Imos analizar dúas situacións:

Situación 1. Unha irmá á que lle gusta ir maquillada cámbiase a unha congregación onde hai moitas irmás ás que lles molesta que outras leven maquillaxe.

Lede Romanos 15:1 e 1 Corintios 10:23, 24 e logo comentade estas preguntas:

  • Tendo en conta o que din estes textos, que podería decidir a irmá? Que farás ti se estás cunha persoa e a súa conciencia lle di que algo está mal pero a túa non?

Situación 2. Un irmán sabe que a Biblia non condena o consumo moderado de alcohol, pero decide non tomalo. Un día invítano a pasar tempo con outros irmáns e ve que algúns beben alcohol.

Lede Eclesiastés 7:16 e Romanos 14:1, 10 e logo comentade estas preguntas:

  • Tendo en conta o que din estes textos, como debería reaccionar o irmán? Que farás ti se ves que outras persoas fan algo que a túa conciencia che di que está mal?

Que pasos te levarán a tomar unha boa decisión?

Unha muller orando.

1. Ora a Xehová para que che axude a decidir que facer (Santiago 1:5).

A mesma muller buscando información na Biblia, en publicacións baseadas nela e no seu ordenador.

2. Investiga na Biblia e nas publicacións baseadas nela principios que apliquen no teu caso. Tamén podes falar do asunto con algún cristián de experiencia.

A mesma muller pensando.

3. Pensa no efecto que terá a túa decisión na túa conciencia e na dos demais.

HAI QUEN DI: “Tes dereito a facer o que che dea a gana. Que máis dá o que pensen os demais?”.

  • Por que deberiamos ter en conta os sentimentos de Xehová e os doutras persoas?

RESUMO

Tomamos boas decisións cando entendemos o que pensa Xehová dun asunto e cando analizamos se o que imos facer lles axudará ou lles molestará ós demais.

Repaso

  • Como podes tomar decisións que lle agraden a Xehová?

  • Como podes educar a túa conciencia?

  • Como podes demostrar que respectas a conciencia dos demais?

Intenta isto

INVESTIGA

Como podes tomar decisións que estreiten a túa amizade con Xehová?

“Tomemos decisións que honren a Deus” (La Atalaya, 15 abril 2011)

Aprende máis sobre como nos dá consellos Xehová.

Xehová guía o seu pobo (9:50)

Mira que lle axudou a un home a tomar unha decisión difícil.

Con Xehová tódalas cousas boas están aseguradas (5:46)

Descubre como agradarlle a Xehová cando non hai unha norma específica sobre un asunto.

“Fai falta que haxa sempre unha norma bíblica?” (La Atalaya, 1 decembro 2003)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir