CANCIÓN 125
Felices os misericordiosos
Edición impresa
1. Xehová demostra compaixón,
misericordia e amor.
Ó ler os nosos corazóns,
escolle só o bo de nós.
E, cando escoita as oracións,
recorda ben que somos po.
Está disposto a perdoar,
dos erros non se lembra máis.
2. Xesús tamén nos ensinou
a importancia do perdón:
Xehová só nos vai perdoar
se perdoámo-los demais.
Aqueles que demostran ter
misericordia coma Deus
desfrutarán de estar en paz
cos seus amigos e irmáns.
3. Xamais debemos pregoar
se a outros fomos axudar.
Deus en segredo mirará,
sen falta nolo pagará.
Quen misericordioso é
e non perdoa por deber
será feliz ó imitar
ó noso xeneroso Pai.
(Ver tamén Mat. 6:2-4, 12-14.)