CANCIÓN 32
Ponte de parte de Xehová!
(Éxodo 32:26)
1. Co corazón cheo de confusión,
sen guía e sen iluminación,
foi un regalo aprender de Xehová
e a verdade atopar!
(REFRÁN)
Ponte con firmeza de parte de Deus.
El nunca te deixa, ben coida dos seus.
As boas noticias vai a predicar.
O Rei do seu Reino hai que apoiar!
2. Ombro a ombro cos nosos irmáns,
obedecemos con fe a Xehová.
Del falaremos con moito valor.
É a mellor decisión!
(REFRÁN)
Ponte con firmeza de parte de Deus.
El nunca te deixa, ben coida dos seus.
As boas noticias vai a predicar.
O Rei do seu Reino hai que apoiar!
3. Inda que o Demo nos queira atacar,
non vai ser quen de podernos parar.
Temos confianza na man de Xehová.
Sempre nos defenderá!
(REFRÁN)
Ponte con firmeza de parte de Deus.
El nunca te deixa, ben coida dos seus.
As boas noticias vai a predicar.
O Rei do seu Reino hai que apoiar!
(Ver tamén Sal. 94:14; Prov. 3:5, 6; Heb. 13:5.)