BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g25 núm. 1 páxs. 14-15
  • Teñamos esperanza

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Teñamos esperanza
  • Despertade! (2025)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • QUE É O REINO DE DEUS, E QUE FARÁ?
  • Onde podo atopar esperanza?
    Preguntas sobre a Biblia
  • A Biblia dános esperanza
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • A Biblia dános esperanza
    Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
  • Razóns para empezar o 2023 con optimismo. O que di a Biblia
    Outros temas
Ver máis
Despertade! (2025)
g25 núm. 1 páxs. 14-15
Unha familia mirando unha bonita paisaxe mentres desfrutan dun picnic.

COMO FACERLLE FRONTE Á SUBIDA DOS PREZOS

Teñamos esperanza

No teu país as cousas custan cada vez máis pero o teu salario non aumenta? Dubidas de se poderás conseguir o suficiente para ti e a túa familia? Se é así, pode ser que te preocupes polo futuro. Pero incluso en circunstancias tan difíciles é importante ter esperanza.

POR QUE É IMPORTANTE

A xente que ten esperanza non só desexa que pasen cousas boas. A esperanza motívaos a actuar e a sacar o mellor da súa situación. Por exemplo, hai estudos que mostran que as persoas que teñen esperanza...

  • ... normalmente enfróntanse mellor ás situacións difíciles.

  • ... son capaces de adaptarse mellor.

  • ... toman boas decisións que lles axudan a ter unha vida mellor e máis saudable.

QUE PODES FACER

Primeiro, pensa en como che pode axudar a Biblia hoxe. A Biblia contén consellos prácticos que che poden axudar a enfrontarte á subida de prezos. Estas ideas, entre outras cousas, poden servirche para ter máis control sobre a túa vida e para sentirte máis preparado para loitar cos problemas futuros.

“A capacidade de pensar velará por ti e o discernimento protexerate” (Proverbios 2:11, TNM).


Segundo, pensa no que di a Biblia sobre o futuro. Cando vexas que sabios son os consellos que se atopan na Biblia, entón quererás saber máis sobre o que di acerca do futuro. Por exemplo, aprenderás que Deus non só quere que teñas “un porvir e unha esperanza”, senón que tamén deu unha base sólida para crer niso: o Reino de Deus (Xeremías 29:11).

QUE É O REINO DE DEUS, E QUE FARÁ?

O Reino de Deus é un goberno que terá poder absoluto sobre toda a terra (Daniel 2:44; Mateo 6:10). Entón xa non haberá máis sufrimento nin pobreza, a humanidade vivirá en paz e teremos todo o necesario para ser felices, como din os seguintes textos bíblicos.

“Serás feliz, terás prosperidade” (Salmo 128:2, SBG).

“[As persoas] non se fatigarán en van” (Isaías 65:23).

“Abundará o trigo nos campos” (Salmo 72:16).

Millóns de persoas confían nestas promesas porque están convencidas de que Deus “non pode mentir” (Tito 1:2). Así que por que non investigas ti tamén o que di a Biblia? A súa esperanza pode darche as forzas que necesitas para facerlles fronte ós problemas económicos e a estar seguro de que nos espera un futuro mellor.

Ramaz.

“A esperanza que teño baseada na Biblia axúdame a ver os problemas deste mundo como algo temporal. Pensar nisto dáme as forzas que necesito para enfrontarme á situación económica que vai cada vez a peor” (Ramaz, Xeorxia).

SE QUERES SABER MÁIS

Podes confiar realmente no que di a Biblia sobre o futuro? Mira os vídeos Podemos confiar no que di a Biblia? e Que é o Reino de Deus? en jw.org.

Unha muller sacando unha Biblia dun estante.
    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir