COMO FACERLLE FRONTE Á SUBIDA DOS PREZOS
Teñamos esperanza
No teu país as cousas custan cada vez máis pero o teu salario non aumenta? Dubidas de se poderás conseguir o suficiente para ti e a túa familia? Se é así, pode ser que te preocupes polo futuro. Pero incluso en circunstancias tan difíciles é importante ter esperanza.
POR QUE É IMPORTANTE
A xente que ten esperanza non só desexa que pasen cousas boas. A esperanza motívaos a actuar e a sacar o mellor da súa situación. Por exemplo, hai estudos que mostran que as persoas que teñen esperanza...
... normalmente enfróntanse mellor ás situacións difíciles.
... son capaces de adaptarse mellor.
... toman boas decisións que lles axudan a ter unha vida mellor e máis saudable.
QUE PODES FACER
Primeiro, pensa en como che pode axudar a Biblia hoxe. A Biblia contén consellos prácticos que che poden axudar a enfrontarte á subida de prezos. Estas ideas, entre outras cousas, poden servirche para ter máis control sobre a túa vida e para sentirte máis preparado para loitar cos problemas futuros.
Segundo, pensa no que di a Biblia sobre o futuro. Cando vexas que sabios son os consellos que se atopan na Biblia, entón quererás saber máis sobre o que di acerca do futuro. Por exemplo, aprenderás que Deus non só quere que teñas “un porvir e unha esperanza”, senón que tamén deu unha base sólida para crer niso: o Reino de Deus (Xeremías 29:11).
QUE É O REINO DE DEUS, E QUE FARÁ?
O Reino de Deus é un goberno que terá poder absoluto sobre toda a terra (Daniel 2:44; Mateo 6:10). Entón xa non haberá máis sufrimento nin pobreza, a humanidade vivirá en paz e teremos todo o necesario para ser felices, como din os seguintes textos bíblicos.
Millóns de persoas confían nestas promesas porque están convencidas de que Deus “non pode mentir” (Tito 1:2). Así que por que non investigas ti tamén o que di a Biblia? A súa esperanza pode darche as forzas que necesitas para facerlles fronte ós problemas económicos e a estar seguro de que nos espera un futuro mellor.