BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwwd artigo 32
  • O niño do faisán australiano

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O niño do faisán australiano
  • Deseñouno alguén?
Deseñouno alguén?
ijwwd artigo 32
Un faisán australiano.

Albert Wright/iStock via Getty Images

DESEÑOUNO ALGUÉN?

O niño do faisán australiano

O faisán australiano mantén a temperatura do niño a uns 34 graos Celsius, cunha marxe de variación de tan só dous ou tres graos. Como pode manter esta temperatura día e noite durante todo o ano?

Cada inverno, estas aves escavan un burato grande de tres metros de ancho e dun metro de profundidade. Entón, o macho éncheo de herba, follas e outra vexetación. Despois de que as últimas chuvias do inverno empapen o montón da vexetación, fan outro burato dentro para os ovos e tapan o montón con terra areosa. Unha vez que a vexetación empeza a descompoñerse produce calor, o que crea unha incubadora natural.

Imaxe de dous faisáns australianos e do interior do seu niño. A. Tres ovos no burato. B. Compost rodeando o burato dos ovos. C. Capa de terra illante sobre o burato. D. O faisán macho cobre o niño removendo a terra coas súas patas mentres a femia mira.

Para incubar os seus ovos (A), o faisán australiano usa o calor do sol e o calor producido polo compost (B). Cando axusta o grosor da capa de terra (C), mantén os ovos a uns 34 graos Celsius durante moitos meses. Para conseguilo, o paxaro remove grandes cantidades de terra coas súas patas (D).

En canto a femia está lista para poñer un ovo, o macho quita a terra para que ela poida poñelo no burato. Xusto despois volve cubrir o montón con terra. Ela pode poñer uns 35 ovos entre setembro e febreiro.a

As aves meten o pico na area con frecuencia para comprobar a temperatura. En función da estación do ano, modifican o montón de vexetación. Por exemplo:

  • Na primavera, cando a fermentación da vexetación empeza a aumentar moito a temperatura do niño, o macho deixa que escape o calor quitando un pouco de terra que hai encima do burato. Máis tarde, volve cubrilo con terra máis fría.

  • Durante o verán, o macho pon máis terra encima do montón para protexer os ovos do sol. Quita a terra á primeira hora da mañá e volve poñela cando o niño e a area están fríos.

  • No outono, cando a vexetación deixa de fermentar, o macho quita case toda a terra deixando que o sol do mediodía quente os ovos e tamén a terra que quedou espallada. Despois, volve tapar o montón de vexetación coa terra quente para darlles calor ós ovos durante a noite.

Os machos traballan de media cinco horas cada día para transportar uns 850 quilos de terra. O movemento constante de terra permite que estea solta para que os pitiños poidan escavar e saír do montón de vexetación despois de que rompan a casca do ovo.

Mira como o faisán australiano escava terra para o seu niño.

Que dirías? É a habilidade que ten o faisán australiano para controlar a temperatura do seu niño resultado da evolución? Ou deseñouna alguén?

a Os pitiños saen dos ovos en sete ou oito semanas, o que significa que debe traballar ata abril para manter o montón.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir