BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwwd artigo 31
  • A lingua do colibrí

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A lingua do colibrí
  • Deseñouno alguén?
Deseñouno alguén?
ijwwd artigo 31
Un colibrí estendendo a súa lingua para beber néctar dunha flor.

Moment/Robert D. Barnes via Getty Images

DESEÑOUNO ALGUÉN?

A lingua do colibrí

Os científicos pensaban que a lingua do colibrí succionaba o néctar mediante forzas naturais que movían os fluídos por tubos finos, un proceso chamado capilaridade. Pero estudos recentes demostraron que este paxariño usa un método máis eficiente, a “trampa para líquidos”.

Pensa nisto: Cando a lingua do colibrí entra no néctar, divídese horizontalmente formando dúas puntas. Ó longo de cada punta hai unha canle que ten unha especie de láminas pechadas. Ó entrar no líquido, as puntas sepáranse e as láminas despréganse e isto permite que o paxaro atrape o néctar en vez de succionalo, coma se usase unha palla. Cando recolle a lingua sucede o contrario, as láminas enrólanse co néctar dentro delas.

Serie de imaxes: Un colibrí estendendo a súa lingua para beber néctar dunha flor. As imaxes mostran: 1. A súa lingua estendida entra no néctar da flor. 2. A súa lingua dividida en dous atrapa o néctar e extráeo.

Segundo os investigadores Alejandro Rico-Guevara, Tai-Hsi Fan e Margaret Rubega todo este proceso leva “menos dunha décima de segundo”. Tamén comentan: “A punta da lingua é unha trampa para líquidos que cambia a súa forma drasticamente cando se move dentro e fora dos líquidos”.

Ademais, este pequeno paxaro non necesita usar enerxía para facer isto. As puntas da lingua sepáranse e xúntanse como resposta a unhas forzas complexas que actúan sobre elas cando entran e saen do líquido.

Como a lingua do colibrí atrapa o líquido dunha forma moi eficiente, os investigadores pensan que o que aprenden dela poderían aplicalo en medicina, robótica e outros campos. Incluso podería axudar a deseñar ferramentas para limpar líquidos ou vertidos de petróleo.

Mira como un colibrí estende a súa lingua.

Que dirías? É a complexa lingua do colibrí resultado da evolución? Ou deseñouna alguén?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir