BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwex artigo 11
  • Unha expedición polas augas do río Maroni

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Unha expedición polas augas do río Maroni
  • Historias persoais de testemuñas de Xehová
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Os preparativos
  • A visita ós amerindios
  • A predicación en Gran-Santi e Apatou
  • “Volveriámolo facer sen pensalo!”
  • “Quería servir a Xehová”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
Historias persoais de testemuñas de Xehová
ijwex artigo 11
Un grupo de testemuñas de Xehová nunha expedición para ensinarlle da Biblia ás persoas que viven ó longo do río Maroni

Unha expedición polas augas do río Maroni

Lonxe do barullo das cidades, moita xente de diferentes tribos, linguas e nacións viven nas selvas amazónicas de América do Sur. En xullo de 2017, un grupo formado por 13 testemuñas de Xehová emprenderon unha expedición polo río Maroni e mailos seus afluentes orientais na Güiana francesa. Cal era o seu obxectivo? Levar a mensaxe da Biblia ás persoas que viven ó longo deste río.

Os preparativos

Os participantes fixeron xuntanza un mes antes de comezar a viaxe para planificaren a expedición que ía durar 12 días. Winsley recorda: “Aprendemos sobre a zona e a súa historia, e tamén falamos sobre como prepararnos para a viaxe”. Cada un dos participantes levaba un contedor estanco cunha hamaca e un mosquiteiro. A viaxe incluíu dous voos e moitas horas viaxando en lanchas con motor.

Claude e Lisette

Claude e Lisette

Como se sentiron os que foron invitados a esta viaxe de predicación? Claude e Lisette, que xa teñen a idade de xubilación, non deixaron escapar esta oportunidade. Claude di: “Estaba moi contento pero tamén un pouco asustado”. E engade: “Sentira falar do perigosos que son os rápidos do río”. Lisette conta cal era a súa preocupación: “Preguntábame como ía ser capaz de falar linguas amerindias”.

A Mickaël preocupáballe algo parecido. El di: “Non sabiamos moito sobre a tribo uaiana. Así que busquei información en internet para aprender algunhas palabras e poder saudar as persoas no seu idioma”.

Shirley, que fixo a viaxe co seu home Johann, elaborou unha listaxe dos idiomas que se falan ó longo do río. Shirley di: “Descargamos vídeos de jw.org na maioría deses idiomas e conseguimos un libro con frases básicas da lingua uaiana”.

A visita ós amerindios

O martes 4 de xullo, o grupo colleu un avión en Saint-Laurent du Maroni e voou ata Maripasoula, unha pequena cidade do interior da Güiana Francesa.

Mapa de América do Sur co río Maroni e o nome de varias poboacións. De norte a sur: Saint-Laurent du Maroni, Apatou, Grand Santi, Maripasoula e Antécume Pata

Durante os seguintes catro días, o grupo viaxou en lanchas con motor para visitar os habitantes das aldeas espalladas polos brazos do río Maroni. Roland conta: “Os amerindios estaban moi interesados en saber o que di a Biblia. Tiñan moitas preguntas e algúns deles querían estudar a Biblia connosco”.

Nunha das vilas, Johann e Shirley falaron cunha parella que viña de perder un familiar próximo que se suicidara. Johann di: “Ensinámoslles o vídeo Un indio americano encuentra a su Creador” (dispoñible en JW Broadcasting). E engade: “Este vídeo conmoveu moito a esta parella. Déronnos o seu enderezo electrónico porque desexaban estar en contacto connosco”.

O destino máis afastado foi Antécume Pata. Neste lugar, o xefe da aldea permitiulles pendurar as súas hamacas nunha zona común para descansaren. Tamén puideron bañarse no río, como fan os nativos do lugar.

Dende alí, o grupo navegou a Twenké, onde atoparon os veciños chorando a morte dun ser querido. Éric, un dos que organizou a expedición, conta: “O xefe tribal, ó que lle chamaban “Grand Man”, permitiunos movernos con liberdade pola aldea para consolarmos ós que estaban de dó. El e maila súa familia apreciaron moito os textos bíblicos que lles lemos dunha Biblia en lingua uaiana. Tamén lles amosamos vídeos sobre a promesa da resurrección que dá a Biblia”.

A predicación en Gran-Santi e Apatou

A seguinte etapa da expedición era un voo de media hora seguindo o curso do río, dende Maripasoula ata a pequena vila de Grand-Santi. O martes e mailo mércores estiveron ensinando a mensaxe da Biblia á xente do lugar. O xoves, emprenderon outra viaxe de cinco horas e media río abaixo ata Apatou.

Vista aérea do río Maroni e da selva amazónica

O río Maroni e a selva do Amazonas entre Maripasoula e Grand-Santi

Dende o día seguinte ata o final da expedición, o grupo visitou as aldeas dos maroons, descendentes de escravos africanos que foran traídos a América do Sur durante a colonización do país veciño de Suriname. As testemuñas de Xehová convidaron a todo o mundo a unha reunión que se celebraría na selva, nunha gran tenda erguida para esta ocasión. Claude conta o que pasou: “Os nosos corazóns enchéronse de ledicia ó vermos a gran cantidade de persoas que viñeron á reunión. Convidarámolos esa mesma mañá!”. Para Karsten era a primeira expedición que facía ó interior do país para predicar. Foi el quen presentou en lingua aukan unha conferencia baseada na Biblia, titulada “É a morte a fin de todo?”. Asistiron 91 persoas de varias vilas.

Un grupo de persoas asiste a nunha reunión celebrada nunha gran tenda erguida selva

“Volveriámolo facer sen pensalo!”

Finalmente, a expedición volveu a Saint-Laurent du Maroni. A todos lles impresionou a acollida dos habitantes do lugar, que aceptaron moitas publicacións e viron ducias de vídeos producidos polas testemuñas de Xehová.

Lisette di: “Non teño palabras para expresar a ledicia que sinto por formar parte desta expedición”. Cindy engade: “Quen me dera poder repetilo. Hai que vivilo para entendelo!”.

Esta expedición sementou nalgúns o desexo de volver. Mickaël di: “Volveriámolo facer sen pensalo!”. Winsley mudouse para Saint-Laurent du Maroni. Claude e Lisette, os dous con 60 anos, decidiron trasladarse a Apatou.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir