Thai Liang Lim/E+ via Getty Images
ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
Preocupación mundial polas redes sociais e a xente nova
Durante o ano 2025, diferentes gobernos arredor do mundo expresaron a súa preocupación sobre o efecto das redes sociais nas persoas novas. Un destes países prohibiu o uso de redes sociais a persoas menores de 16 anos e outros países están analizando tomar medidas parecidas.
É curioso que incluso algúns adolescentes ven o perigo potencial das redes socias. Unha enquisa feita nos Estados Unidos polo centro de investigación Pew Research Center e publicada en abril de 2025 afirmou que “case a metade dos adolescentes (48%) din que [as redes sociais] teñen un efecto maiormente negativo nas persoas da súa idade”.
Profesionais da saúde xa advertiron sobre os efectos das redes sociais na saúde mental dos máis novos. O ano pasado o doutor Vivek Murthy, que nese momento era cirurxián xeral dos Estados Unidos, dixo: “A crise de saúde mental que hai entre a xente nova é unha emerxencia, e as redes sociais son unha das causas principais”.
Como poden os pais protexer os seus fillos dos perigos das redes sociais? A Biblia ofrece consellos prácticos.
O que poden facer os pais
Analiza estes principios bíblicos.
“O asisado calcula os seus pasos” (Proverbios 14:15).
Tendo en conta os riscos que existen, non te sintas forzado a deixar que o teu fillo use as redes sociais. Antes de facelo, asegúrate de que sexa suficientemente maduro para respectar os límites de tempo que lle pos, manter boas amizades e evitar contido inadecuado.
Para saber máis, le os artigos “¿Deberían mis hijos usar redes sociales?” e “Enséñele a su hijo adolescente a usar con seguridad las redes sociales”.
“[Sigue] aproveitando o tempo da mellor maneira posible” (Efesios 5:16).
Se deixas que o teu fillo use redes sociais, pon normas sobre como pode usalas e explícalle como lle axudarán esas normas a manterse seguro. Estate atento a calquera cambio no seu comportamento que poida indicar que deberías limitar o seu acceso ás redes sociais.
Utiliza o vídeo do taboleiro animado Se enredas coas redes, non te enredes! para axudarlle ó teu fillo a comprender por que é necesario poñer límites.
Para coñecer outros consellos baseados na Biblia sobre o que poden facer os pais, le o artigo “Un alto funcionario de sanidade advirte sobre os efectos prexudiciais das redes sociais nos rapaces. O que di a Biblia”.
Aprende máis
A Biblia di que vivimos en “tempos críticos e difíciles de soportar” (2 Timoteo 3:1-5). Pero tamén nos ofrece consellos prácticos que nos axudan a afrontalos. No artigo “A saúde mental dos adolescentes está empeorando. O que di a Biblia” podes atopar unha lista de máis de vinte artigos e vídeos baseados na Biblia que conteñen consellos moi útiles para pais e fillos.