BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 109
  • Debería bautizarme? | Parte 1: O que significa o bautismo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Debería bautizarme? | Parte 1: O que significa o bautismo
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que é o bautismo?
  • Que é a dedicación?
  • Por que é importante bautizarse?
  • Estás listo para te bautizar?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2020
  • O bautismo, unha meta que vale a pena
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • O bautismo e a túa relación con Deus
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Entendes o que significa o bautismo?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
Ver máis
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 109
Un mozo bautizándose nunha piscina durante un congreso das Testemuñas de Xehová.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Debería bautizarme? | Parte 1: O que significa o bautismo

Tódolos anos bautízanse moitos mozos que creceron en familias que serven a Xehová. Ti tamén estás pensando en bautizarte? Se é así, primeiro tes que entender o que significan a dedicación e o bautismo.

  • Que é o bautismo?

  • Que é a dedicación?

  • Por que é importante bautizarse?

  • O que opinan outros mozos

  • Ideas equivocadas e realidades

Que é o bautismo?

O bautismo do que fala a Biblia implica somerxerse completamente en auga, non simplemente botar ou salpicar un pouco de auga sobre a cabeza de alguén. Ademais, esta inmersión simboliza algo moi importante.

  • Cando te mergullas na auga ó bautizarte, demostras publicamente que xa non vivirás para facer o que a ti che guste.

  • Cando saes da auga, demostras que comezas unha nova vida centrada en facer o que lle gusta a Deus.

Cando te bautizas, recoñeces en público que Xehová ten autoridade para decidir o que está ben e mal. Ademais, prométeslle a Deus que sempre farás o que el quere que fagas.

Pensa nisto: Que razóns poderías ter para comprometerte publicamente a obedecer a Xehová para sempre? Mira 1 Xoán 4:19 e Apocalipse 4:11.

Que é a dedicación?

Antes de bautizarte, debes dedicarte a Xehová en privado. Como podes facelo?

Nunha oración persoal, dislle a Xehová que prometes servilo para sempre e que farás o que el quere sen importar o que pase ou o que decidan facer os demais.

O bautismo é a maneira de mostrar en público que te dedicaches a Deus en privado. Así os demais ven que xa non vives para ti, senón que agora a túa vida lle pertence a Xehová (Mateo 16:24).

Pensa nisto: Por que mellora a túa vida cando a dedicas a Xehová? Le Isaías 48:17, 18 e Hebreos 11:6.

Por que é importante bautizarse?

Xesús estableceu o bautismo como un requisito que os seus discípulos debían cumprir (Mateo 28:19, 20). Este segue sendo un requisito para os cristiáns da actualidade. De feito, a Biblia di que é necesario para obter a salvación (1 Pedro 3:21).

Con todo, os teus motivos para bautizarte deben ser que amas a Xehová e que a túa relación con el é moi importante para ti. Deberías ter a actitude do salmista, que escribiu: “¿Con que lle pagarei ó Señor todo o ben que me fai? [. . .] [Invocarei] o nome do Señor; cumprirei os meus votos ó Señor” (Salmo 116:12-14).

Pensa nisto: Que cousas boas fixo Xehová por ti, e como podes agradecerllas? Mira Deuteronomio 10:12, 13 e Romanos 12:1.

O que opinan outros mozos

Mijin.

“A dedicación implica facerlle unha promesa a Xehová, e iso é moi serio. Pero cando te dedicas a Xehová, el bendícete de moitas maneiras. Despois de todo, el pode coidar de nós mellor que nós mesmos” (Mijin).

Ember.

“Xehová xa demostrou o amor que ten por ti. Ó bautizarte demostras o moito que lle queres ti a el. Estar bautizado é un enorme privilexio e un regalo incrible!” (Ember).

Julian.

“A decisión de dedicarlle a túa vida a Deus e bautizarte é a decisión máis importante da túa vida. Pero non tes que ter medo. Se estás preparado e o fas co motivo correcto, será a mellor decisión da túa vida” (Julian).

Ideas equivocadas e realidades

Idea equivocada: Só os adultos teñen a madurez necesaria para bautizarse.

Realidade: A madurez non depende da idade, senón de canto amas a Xehová e se estás disposto a obedecelo. Xosé, Samuel e Ioxías, aínda que eran novos, demostraron que eran maduros. Hoxe en día, moitos mozos demostran o mesmo.

O que di a Biblia: “Polos seus feitos mostra xa un rapaz se o seu proceder é limpo e recto” (Proverbios 20:11).

Idea equivocada: Se os teus amigos se bautizan, ti tamén deberías facelo.

Realidade: A elección de dedicarte e bautizarte é algo persoal e só deberías tomar esta decisión porque realmente desexas facelo. Non é un ritual ou unha cerimonia que teñas que facer cando chegas a certa idade, porque outros o fixesen ou porque penses que é o que outros esperan de ti.

O que di a Biblia: O pobo de Deus “ofrecerase voluntariamente” (Salmo 110:3, TNM).

Idea equivocada: Se non estás bautizado, non lle tes que dar contas a ninguén polas túas accións.

Realidade: Dende que sabes o que está ben e o que está mal para Xehová, tes que responder diante del e non só a partir do momento no que te bautizas.

O que di a Biblia: “O que coñece o ben que ten que facer e non o fai, comete pecado” (Santiago 4:17).

Consello: Paréceche que ser un cristián dedicado e bautizado é unha responsabilidade demasiado grande para ti? Por que non intentas facerlle fronte ós teus medos? Podes facelo lendo o capítulo 37 do libro Lo que los jóvenes preguntan. Respuestas prácticas (volume 2).

Repaso: Por que é importante bautizarse?

  • Xesús mandou que os seus discípulos se bautizasen.

  • O bautismo é necesario para salvarse.

  • É un enorme privilexio servir a Xehová coma cristián dedicado e bautizado.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir