BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 100
  • Desobedecín a meus pais… E agora que?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Desobedecín a meus pais… E agora que?
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que non debes facer
  • Unha opción mellor
  • Por que meus pais non me deixan divertirme?
    Preguntas da xuventude
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 100
Uns pais preocupados falando coa súa filla porque volveu á casa despois da hora límite de chegada.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Desobedecín a meus pais… E agora que?

Case tódalas familias teñen regras, quizais sobre a hora límite para chegar a casa, sobre o uso da tecnoloxía ou sobre a forma de comportarse, por falar dalgunhas.

Pero, e que hai se desobedeciches a teus pais? Non podes cambiar o que fixeches, pero si podes evitar que as cousas vaian a peor. Neste artigo aprenderás que podes facer nestes casos.

  • O que non debes facer

  • Unha opción mellor

  • O que opinan outros mozos

O que non debes facer

  • Se teus pais non saben que os desobedeciches, quizais sentas a tentación de ocultalo.

  • Pero se saben que non seguiches as normas, quizais sentas a tentación de poñer escusas ou de botarlles a culpa a outros.

Ningunha desas ideas é unha boa opción. Por que? Porque ocultar o que ocorreu ou poñer calquera escusa non é de persoas maduras. Se o fas, teus pais pensarán que non es moi responsable.

“Contar mentiras nunca é a solución. Co tempo vaise saber a verdade e o castigo vai ser aínda peor que se dixeses a verdade dende o principio” (Diana).

Unha opción mellor

  • Admite o que fixeches. A Biblia di: “Quen esconde as súas faltas, non prosperará” (Proverbios 28:13). Teus pais saben que non es perfecto. Pero a pregunta é, podes ser sincero?

    “Teus pais serán máis comprensivos se lles contas a verdade. Se o fas, vanse fiar máis de ti” (Olivia).

  • Pide desculpas. A Biblia di: “Revestídevos todos vós dun pensar humilde” (1 Pedro 5:5). Fai falta ser humilde para pedir perdón e non poñer unha chea de escusas.

    “As persoas que poñen escusas unha e outra vez acaban silenciando a súa conciencia. Co tempo, xa non lles molesta facer cousas malas” (Heather).

  • Acepta as consecuencias. A Biblia di: “Atendede a instrucción [ou disciplina]” (Proverbios 8:33). Non te queixes e acepta o castigo que che poñan teus pais.

    “Canto máis te queixes do castigo, peor vai ser. Acepta o castigo e non te centres no que perdiches” (Jason).

  • Volve a gañar a súa confianza. A Biblia di: “Debedes quitarvos a vella personalidade, que se corresponde co voso comportamento anterior” (Efesios 4:22, TNM). Esfórzate por tomar boas decisións para que teus pais volvan confiar en ti.

    “Se tomas boas decisións e lles demostras que non vas cometer o mesmo erro de novo, pouco a pouco teus pais volverán confiar en ti” (Karen).

CONSELLO: Fai todo o que poidas para demostrar que es de fiar. Por exemplo, a próxima vez que saias, avisa a teus pais cando vaias para casa, aínda que non vaias chegar tarde. Isto demostraralles que queres recuperar a súa confianza.

O que opinan outros mozos

Darius.

“Esconderlles a verdade a teus pais é coma mentirlles. Co tempo vaise saber o que fixeches e, cando o saiban, vai ser aínda peor que se dixeses a verdade dende o principio” (Darius).

Sierra.

“Cando lle botamos a culpa a alguén do que nós fixemos parece que non somos o suficientemente maduros como para facernos responsables dos nosos erros. Os nosos pais perderán a confianza en nós se non somos responsables para pedir desculpas polos erros que cometemos” (Sierra).

Repaso: Desobedecín a meus pais… E agora que?

  • Admite o que fixeches. Teus pais saben que non es perfecto. Pero a pregunta é, podes ser sincero?

  • Pide desculpas. Sé humilde, pide perdón e non poñas unha chea de escusas.

  • Acepta as consecuencias. Acepta o castigo que che poñan teus pais.

  • Volve a gañar a súa confianza. Esfórzate por tomar boas decisións para que teus pais volvan confiar en ti.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir