BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwex artigo 34
  • O que aprenderon da Biblia cambiou a súa vida

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O que aprenderon da Biblia cambiou a súa vida
  • Historias persoais de testemuñas de Xehová
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • De perseguir os cartos a atopar a verdadeira felicidade
  • Dunha vida como delincuente a unha vida con propósito
  • Estudar a Biblia axuda a ser mellores cidadáns
  • Os exemplos de Ricardo e Andrés
    Despertade! (2019)
  • “O delito e o amor ós cartos trouxéronme moitas dores”
    A Biblia cambioulles a vida
  • A Biblia cambioulles a vida
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2014)
  • Como tomar boas decisións sobre os estudos adicionais
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
Historias persoais de testemuñas de Xehová
ijwex artigo 34
Serie de imaxes: Fotos dos dous homes antes de ser testemuñas de Xehová. 1. Lanh Văn Nguyễn. 2. Thắng Viết Phùng.

O que aprenderon da Biblia cambiou a súa vida

Esta é a historia de dous homes de Vietnam que cambiaron por completo a súa vida. Durante moitos anos, creron que ter cartos lles aseguraba felicidade e seguridade. Por iso, fixeron todo o que puideron para conseguilos aínda que iso lles trouxese problemas a eles mesmos ou a outras persoas. Pero chegou un momento no que entenderon que só a Biblia nos pode ensinar a ter paz verdadeira e satisfacción persoal. As súas historias demostran que aplicar os principios bíblicos pode axudar a ter altos valores morais e a que unha persoa se converta nun cidadán responsable.

De perseguir os cartos a atopar a verdadeira felicidade

Lanh Văn Nguyễn vestido cun uniforme militar.

De neno, a vida de Lanh Văn Nguyễn estivo marcada pola guerra, a inestabilidade social e a pobreza. Co paso do tempo, chegou a crer que para ser realmente feliz debía ser rico. En 1988 mudouse a Alemaña para buscar traballo. Traballaba sen descanso, día e noite, para gañar cartos.

Dez anos despois, Lanh coñeceu as testemuñas de Xehová. Elas faláronlle do libro bíblico de Proverbios e iso encantoulle porque lle gustaba moito aprender refráns e ditos. Os consellos prácticos que atopou na Biblia fixeron que quixese aprender máis. De feito, pediulle a unha Testemuña que lle mercase unha Biblia. Ela díxolle que se estudaba a Biblia con ela e co seu home, regalaríanlle unha. Na seguinte visita, ela volveu cunha Biblia e co libro El conocimento que lleva a vida eterna.

Segundo ía estudando a Biblia coas Testemuñas, Lanh empezou a ter dúbidas sobre o seu negocio xa que compraba e vendía armas. Moi pronto comprendeu que tiña que abandonar esa actividade. Cando o fixo, os seus ingresos baixaron un 80 %. Así que orou sobre o asunto e empezou a vender outras cousas. Co tempo, os seus ingresos volveron aumentar.

Lanh decidiu dedicar todo o tempo que puido a ensinarlles a outros sobre a Biblia. Quería compartir con outros o que aprendera, pero tiña problemas porque non falaba ben alemán. Por iso decidiu volver a Vietnam, onde podía ensinar a Biblia no seu idioma materno.

Dende que comezou a entender a mensaxe da Biblia, Lanh cambiou a súa maneira de pensar e o seu estilo de vida. Agora, tanto el como a súa muller e os seus fillos viven felices.

Lanh e a súa muller sorrindo nun parque.

Lanh e a súa muller.

Dunha vida como delincuente a unha vida con propósito

Thắng Viết Phùng antes de ser testemuña de Xehová.

Thắng Viết Phùng naceu en 1976 en Nghe An, Vietnam. O seu soño era facerse rico. Así que ós 19 anos marchou da súa casa para conseguir ese soño. Conseguiu entrar de maneira ilegal en Alemaña e uniuse a unha banda que participara en moitos delitos. Sempre levaba un arma con el, mesmo durmía cunha pistola debaixo da almofada. Co tempo, xa que participou nun secuestro moi coñecido, foi detido e condenado a seis anos de prisión. Foi liberado despois de só dous anos.

Despois diso, Thắng uniuse a outra banda e seguiu cometendo máis delitos. Foi arrestado outra vez, pero evitou o xuízo porque as testemuñas do delito tiñan medo de declarar contra el. A medida que a súa reputación criminal medraba, fíxose moi coñecido. Finalmente, despois doutro arresto, foi condenado a dez anos de prisión. Alí, tanto os presos coma os gardas, coñecíano por ser unha persoa violenta.

Un día, outro preso invitou a Thắng a unha reunión das testemuñas de Xehová dentro da prisión. Ó principio non quería asistir, pero cando o fixo sentiu unha paz que nunca antes sentira. Nesa reunión conseguiu un exemplar do libro Que ensina realmente a Biblia?, publicado polas Testemuñas. Nunha soa noite, leu o libro enteiro. Un dos capítulos explica que a Biblia ensina que os mortos están nun estado parecido ó sono (Eclesiastés 9:5; Xoán 11:11-14). Antes, Thắng cría que os seus familiares falecidos o estaban vixiando, e preguntábase por que non lle impedían facer cousas malas.

Thắng seguiu asistindo ás reunións das testemuñas de Xehová, onde sempre se estuda a Biblia. Aprendeu que Deus ama moito a humanidade, incluído el. Tamén aprendeu a distinguir o ben do mal, e esforzouse moito por superar a súa forma de pensar materialista e a súa natureza violenta. O desafío máis difícil foi controlar o seu mal xenio, pero con oración e esforzo conseguiuno. En 2009 bautizouse como testemuña de Xehová dentro da prisión. Máis tarde, Thắng regresou a Vietnam. El di: “Agora teño unha familia feliz e adoramos xuntos a Xehová. El salvou a miña vida e bendiciume de moitísimas maneiras. Cando penso no meu pasado, pregúntome: ‘Que sería da miña vida se non chegase a coñecer a Xehová?’”.

Thắng xunto coa súa muller e a súa filla pequena.

Thắng e a súa familia.

Estudar a Biblia axuda a ser mellores cidadáns

Os cambios que fixeron Lanh e Thắng demostran o efecto positivo dunha educación baseada na Biblia. Ambos deixaron atrás a obsesión polo diñeiro. Lanh, que antes pensaba que buscar riqueza lle daría felicidade, agora atopa alegría na súa fe e na súa familia. Thắng, que antes estaba disposto a cometer delitos para facerse rico, agora ensina a outros a ser persoas honradas e a respectar a lei. En vez de centrarse en facerse ricos, agora son membros útiles da sociedade que ensinan a outras persoas principios da Biblia para ter vidas significativas e ser máis felices.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir