IDEA PARA ESTUDAR
Prepara comentarios animadores
Nas nosas reunións de congregación, temos o privilexio de animar os nosos irmáns ó comentar (Heb. 10:24, 25). Como podemos preparar comentarios que animen realmente os demais?
Óralle a Xehová. Pídelle que che axude a facer un comentario que lle dea honra a el e anime a outros (Sal. 35:18).
Intenta facer máis que simplemente ler da publicación. Cando respondes coas túas palabras, outros benefícianse cando expresas a fe que tes en Xehová.
Sé breve. Os comentarios curtos e sinxelos son a miúdo os que máis animan e tamén permiten que máis irmáns participen na reunión (Prov. 10:19).
Sé positivo. Evita usar o teu comentario para dar consello ou criticar a congregación ou a un irmán.
Podes animar a outros incluso cando non tes a oportunidade de comentar. Conseguiralo se escoitas con atención os comentarios dos demais e despois lles dis o que che gustou (Prov. 10:21).