BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 xullo páx. 31
  • Sabíalo?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sabíalo?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Información relacionada
  • Valora o privilexio de adorar a Xehová no seu templo espiritual
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 xullo páx. 31
Sacerdotes sacrificando animais no altar do templo.

Sabíalo?

Que facían os sacerdotes do templo de Xerusalén con todo o sangue dos animais sacrificados no altar?

CADA ano, os sacerdotes do antigo Israel ofrecían miles de animais como sacrificio no altar do templo. De acordo co historiador xudeu do primeiro século chamado Xosefo, máis de 250.000 cordeiros eran sacrificados durante a Pascua, así que había moito sangue polo altar (Lev. 1:10, 11; Núm. 28:16, 19). Que pasaba con todo ese sangue?

Os arqueólogos encontraron un sistema de drenaxe moi extenso no templo de Herodes, usado para que o sangue saíse do templo ata a destrución deste lugar no ano 70 n. e.

Vexamos dúas características deste sistema de drenaxe:

  • Buratos na base do altar: Na Mishná, un antigo conxunto de leis orais e tradicións xudías escrito ó principio do terceiro século da n. e., descríbese un sistema de drenaxe para o altar. Nela explícase que había dous buratos nunha das esquinas do altar. O sangue dos sacrificios e a auga que se usaba para limpar o altar baixaban por eses buratos ata o conduto que chegaba ó val de Cedrón.

    O que di este libro antigo sobre os “buratos” cerca do altar está de acordo cos descubrimentos arqueolóxicos modernos. The Cambridge History of Judaism confirma o descubrimento dun “extenso sistema de drenaxe” cerca do templo.a Esta obra di: “Probablemente usábase para drenar fóra do templo a auga mesturada co sangue dos sacrificios”.

  • Abastecemento de auga constante: Os sacerdotes necesitaban moitísima auga para manter a base do altar e o sistema de drenaxe limpos. Para cumprir con esta importante tarefa, obtiñan toda a auga que necesitaban da cidade mediante un sistema de canais, acuedutos, cisternas e piscinas. O arqueólogo Joseph Patrich destacou o seguinte: “Este elaborado sistema de abastecemento de auga que limpa e drena o recinto do templo é único para o seu tempo”.

[Nota]

a The Cambridge History of Judaism, editado por William Horbury, W. D. Davies e John Sturdy, ©1999 (Cambridge University Press), vol. 3, páx. 49.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir