IDEA PARA ESTUDAR
Como recordar textos bíblicos?
Cústache ás veces encontrar un texto bíblico que liches moitas veces ou recordar que palabras se usaban nel? Pode ser un que te anime, un que te axude a enfrontarte ós malos pensamentos ou un que queiras compartir con alguén (Sal. 119:11, 111). Aquí tes algunhas ideas que che poden axudar a recordar textos da Biblia:
Usa a ferramenta das etiquetas da aplicación JW Library®. Crea unha etiqueta chamada “Textos favoritos” e garda aí tódolos que queiras recordar.a
Escribe o texto nun lugar onde o poidas ver. Algúns póñeno por escrito e colócano nun espello ou na porta da neveira. Outros fanlle unha captura de pantalla e a usan como fondo de pantalla no seu ordenador ou no teléfono.
Fai “tarxetas de memoria”. Por un lado dun cacho de papel escribe a referencia bíblica e polo outro a cita bíblica. Despois intenta recordar a cita mirando só a referencia ou recordar en que parte da Biblia se sitúa lendo a cita.
a Para saber máis sobre esta ferramenta, mira o vídeo Logros da organización. Ideas para aproveitar ó máximo JW Library en jw.org.