BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w21 decembro
  • Sigamos escoitándoo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sigamos escoitándoo
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2021
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • “ENTRADE POLA PORTA ESTREITA”
  • COMO MANTERNOS NO CAMIÑO ESTREITO
  • FAI AS PACES CO TEU IRMÁN
  • COMO FACER AS PACES COS DEMAIS
  • Xacob e Esaú fan as paces
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Credes que sodes a única relixión verdadeira?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Protexeu a súa familia con valor
    Sirve a Xehová con valor
  • Xacob recibe a herdanza
    Aprendamos das historias da Biblia
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2021
w21 decembro

ARTIGO DE ESTUDO 51

Sigamos escoitándoo

“Este é o meu querido Fillo. El ten a miña aprobación. Escoitádeo” (MAT. 17:5).

CANCIÓN sjj 54 Este é o camiño

AVANCEa

1, 2. a) Que mandato recibiron tres apóstolos de Xesús, e como reaccionaron? b) Que imos analizar neste artigo?

DESPOIS da Pascua do ano 32 n. e. os apóstolos Pedro, Santiago e Xoán presenciaron unha visión impresionante. Nunha montaña alta que posiblemente formaba parte do Monte Hermón, viron a Xesús transfigurarse diante deles. “A súa cara resplandecía coma o sol e a súa roupa volveuse brillante coma a luz.” (Mat. 17:1-4) Case ó final da visión, os apóstolos escoitaron dicir a Deus: “Este é o meu querido Fillo. El ten a miña aprobación. Escoitádeo” (Mat. 17:5). Estes tres apóstolos demostraron pola súa forma de vivir que de verdade escoitaron a Xesús. E nós queremos imitar o seu exemplo.

2 No artigo anterior vimos que escoitar a voz de Xesús implica deixar de facer certas cousas. Neste artigo veremos dúas cousas que Xesús dixo que debemos facer.

“ENTRADE POLA PORTA ESTREITA”

3. Segundo Mateo 7:13, 14, que debemos facer?

3 Le Mateo 7:13, 14. Fíxate en que Xesús falou de dúas portas que levan a dous camiños diferentes: ó camiño amplo e ó estreito. Non hai un terceiro camiño. Temos que escoller por cal dos dous queremos ir. Esta é a decisión máis importante que tomaremos, pois depende dela que vivamos para sempre ou non.

4. Como describirías “o camiño amplo”?

4 Necesitamos coñecer cales son as diferenzas entre estes dous camiños. Moita xente vai polo “camiño amplo” porque é fácil andar por el. Tristemente, son moitos os que escollen ir por ese camiño e facer o que fai a maioría. Non se dan conta de que é Satanás o Demo o que quere que as persoas vaian polo camiño que acaba en morte (1 Cor. 6:9, 10; 1 Xoán 5:19).

5. Que esforzos fixeron algúns para atopar o camiño estreito e comezar a camiñar por el?

5 En contraste co “camiño amplo”, o outro camiño é estreito e Xesús dixo que poucos son capaces de encontralo. Por que? É interesante que no seguinte versículo Xesús advírtelles ós seus seguidores sobre os profetas falsos (Mat. 7:15). Segundo algúns cálculos, hai miles de relixións e a maioría afirma ensinar a verdade. Tantas relixións provocan que millóns de persoas se sintan desanimadas e confundidas, e isto fai que nin sequera intenten buscar o camiño que leva á vida. Pero ese camiño pódese encontrar. Xesús dixo: “Se seguides obedecendo o que eu ensino, realmente sodes os meus discípulos, e coñeceredes a verdade e a verdade faravos libres” (Xoán 8:31, 32). Fixeches moi ben en non seguir a maioría e buscar a verdade. Empezaches a estudar a Palabra de Deus en profundidade para aprender o que el quere que fagamos, e prestaches atención ás ensinanzas de Xesús. Por exemplo, aprendiches que Xehová espera que rexeitemos o que ensinan as relixións falsas e que deixemos de participar en festas ou en costumes que teñen unha orixe pagá. Pero tamén viches que facer o que Xehová nos pide e deixar de facer o que non lle gusta pode ser todo un desafío (Mat. 10:34-36). Pode que facer todos estes cambios non che fose fácil, pero como amabas a Xehová e querías facer as cousas como a el lle gustan, non tiraches a toalla. Que feliz ten que estar contigo! (Prov. 27:11).

COMO MANTERNOS NO CAMIÑO ESTREITO

Unha barreira de seguridade protexendo un coche que vai polo borde dunha estrada de montaña moi estreita. Serie de imaxes: 1. Un home novo lendo a Biblia. 2. Un irmán apartando o móbil para non ver a pantalla. 3. Unha irmá rechazando a un rapaz na escola. 4. Unha irmá recibindo unha guía de estudos universitarios.

Os consellos e as normas de Deus axúdannos a permanecer no camiño “estreito” (ver os parágrafos 6 a 8).d

6. Segundo Salmo 119:9, 10, 45, 133, que pode axudarnos a manternos no camiño estreito?

6 Se xa estamos indo polo camiño estreito, que pode axudarnos a manternos nel? Poñamos un exemplo. Nalgúns países, nas cunetas das estradas de montaña póñense barreiras de seguridade que protexen o condutor e o vehículo porque normalmente son vías moi estreitas. Estas barreiras fan que o camiño sexa máis seguro, pois evita que os condutores se acerquen demasiado á beira da estrada ou incluso que caian pola montaña abaixo. Verdade que ninguén se queixaría dicindo que estas barreiras son demasiado restritivas? Pois as normas de Xehová que están na Biblia son coma esas barreiras que nos axudan a manternos no camiño estreito (le Salmo 119:9, 10, 45, 133).

7. Como deberían ver os mozos o camiño estreito?

7 Se es novo, paréceche ás veces que as normas de Xehová son demasiado restritivas? Iso é o que Satanás quere que penses. El quere que te fixes nos que van polo camiño amplo e que vexas o ben que o pasan, aparentemente. Quéreche facer crer que non te divirtes tanto coma os teus compañeiros de clase ou a xente que ves en Internet. Ademais, quere que penses que as normas de Xehová che están impedindo que desfrutes da vida ó máximo.b Pero recorda isto: o Demo non quere que a xente que vai polo seu camiño vexa o que lle espera ó final. En cambio, Xehová quere que saibas o marabillosa que será a túa vida se te mantés no camiño que leva á vida (Sal. 37:29; Is. 35:5, 6; 65:21-23).

8. Que poden aprender os mozos do exemplo de Olaf?

8 Fíxate no que podes aprender dun mozo que se chama Olaf.c Os seus compañeiros de clase insistíanlle para que tivese relacións sexuais. Cando lles explicou que as testemuñas de Xehová guiamos a nosa vida polas elevadas normas morais da Biblia, algunhas rapazas da súa clase tomárono coma un reto persoal e intentaron convencelo para que se deitase con elas. Pero Olaf mantívose firme e non cedeu. E esa non foi a única presión á que tivo que enfrontarse. El conta: “Os meus profesores intentaron convencerme de que fose á universidade, xa que iso é algo que che dá prestixio. Dicíanme que se non ía, non conseguiría nada na vida”. Que lle axudou a Olaf a aguantar tanta presión? El di: “Busquei bos amigos na miña congregación e chegaron a ser como da miña familia. Tamén me puxen a estudar a Biblia máis en serio. Canto máis estudaba, máis conta me daba de que esta é a verdade, e iso fíxome tomar a decisión de servir a Xehová”.

9. Que teñen que facer os que queren manterse no camiño estreito?

9 Ó Demo encantaríalle que te saíses do camiño que leva á vida. Quere que sigas a maioría da xente e que vaias polo camiño amplo que leva á destrución (Mat. 7:13). Pero conseguiremos manternos no camiño estreito se prestamos atención ó que Xesús ensinaba e vemos ese camiño como algo que nos protexe. Vexamos algo máis que Xesús dixo que fixésemos.

FAI AS PACES CO TEU IRMÁN

10. Segundo Mateo 5:23, 24, que dixo Xesús que debemos facer?

10 Le Mateo 5:23, 24. Xesús describiu unha actividade que era moi importante para os xudeus que o escoitaban. Imaxina a alguén no templo a punto de darlle a un sacerdote un animal para sacrificalo. Se nese momento a persoa recordaba que algún irmán tiña algo contra el, tiña que deixar o animal alí e marchar. Pero, por que? Que podía ser máis importante que facerlle un sacrificio a Xehová? Xesús dixo claramente: “Primeiro, fai as paces co teu irmán”.

E ti? Imitarás o exemplo de Xacob, quen foi humilde e fixo as paces co seu irmán? (Ver os parágrafos 11 e 12).e

11. Que pasos deu Xacob para facer as paces con Esaú?

11 Podemos aprender leccións moi valiosas sobre como facer as paces analizando un suceso da vida do patriarca Xacob. Despois de que pasase uns vinte anos lonxe da súa terra natal, Deus mandoulle por medio dun anxo que volvese alí (Xén. 31:11, 13, 38). Pero había un problema: o seu irmán maior, Esaú, intentara matalo (Xén. 27:41). A Xacob “entroulle moito medo” e angustia por se o seu irmán seguía gardándolle rencor (Xén. 32:8 [32:7, TNM]). Que fixo para facer as paces con el? Primeiro, oroulle a Xehová de corazón sobre este asunto. Despois, mandoulle un regalo moi xeneroso a Esaú (Xén. 32:10-16 [32:9-15, TNM]). E por último, cando os dous se encontraron cara a cara, Xacob tomou a iniciativa para honrar o seu irmán. Inclinouse diante del, non unha, nin dúas, senón sete veces! Xacob foi humilde e respectuoso ó facer as paces con Esaú (Xén. 33:3, 4).

12. Que aprendemos do exemplo de Xacob?

12 Podemos aprender unha lección de como Xacob se preparou para encontrarse co seu irmán e como o tratou. Foi humilde e pediulle axuda a Xehová. E despois tomou medidas para que o encontro con el fose o mellor posible. Cando se encontraron cara a cara, non discutiu con Esaú sobre quen tiña razón ou quen non a tiña. O obxectivo de Xacob era facer as paces co seu irmán. Como podemos imitar o seu exemplo?

COMO FACER AS PACES COS DEMAIS

13, 14. Se ofendemos a outro cristián, que debemos facer?

13 Os que estamos no camiño que leva á vida queremos promover a paz entre os irmáns (Rom. 12:18). Que deberiamos facer se nos damos conta de que un irmán da congregación está ofendido con nós? Igual ca Xacob, deberiamos orarlle con sinceridade a Xehová e pedirlle que bendiga os nosos esforzos por facer as paces con esa persoa.

14 Tamén deberiamos sacar tempo para analizarnos a nós mesmos. Poderiamos preguntarnos: “Estou disposto a tragarme o meu orgullo, desculparme con humildade e facer as paces? Como se sentirán Xehová e Xesús se tomo a iniciativa de facer as paces co meu irmán?”. As nosas respostas poden motivarnos a facer o que Xesús ensinou e acercarnos con humildade ó noso irmán para facer as paces. Seguir o exemplo de Xacob axudaranos a conseguilo.

15. Como nos axuda o principio de Efesios 4:2, 3 a facer as paces co noso irmán?

15 Pensa no que puido pasar se Xacob, ó chegar onda seu irmán, se puxese a discutir con el sobre quen tiña a razón! O resultado sería moi distinto, verdade? Da mesma maneira, cando imos onda un irmán para solucionar un problema, temos que ir cunha actitude humilde (le Efesios 4:2, 3). Proverbios 18:19 di: “Irmán ofendido péchase máis ca unha fortaleza, e as liortas son ferrollos de castelo”. Unha desculpa con humildade pode ser o que nos permita entrar nesa “fortaleza”.

16. Que debemos pensar e por que?

16 Tamén debemos pensar con coidado en que lle imos dicir ó noso irmán e como. Cando esteamos preparados, vaiamos falar con el co obxectivo de axudalo a recuperar a boa relación que tiñamos. Pode que ó principio non nos guste o que nos diga, e o máis fácil sería enfadarnos ou intentar xustificarnos. Pero, fará iso que a situación se solucione de maneira pacífica? Por suposto que non. Recorda que recuperar a paz co noso irmán é máis importante que saber quen tiña razón (1 Cor. 6:7).

17. Que podes aprender do exemplo de Gilbert?

17 Un irmán que se chama Gilbert esforzouse moito por buscar a paz. El conta: “Tiña moitos problemas coa miña filla. Durante máis de dous anos, intentei falar con ela mantendo a calma para que puidésemos volver a ter unha boa relación”. Que máis fixo este irmán? El conta: “Antes de falar con ela, oraba e preparábame mentalmente para calquera comentario ferinte que me puidese facer. Tiña que estar disposto a perdoar. Aprendín que non debía loitar por ter razón, senón que a miña responsabilidade era facer as paces”. Cal foi o resultado? Gilbert di: “Agora estou tranquilo, porque me levo ben con toda a miña familia”.

18, 19. Se ofendemos a alguén, que debemos facer e por que?

18 Entón, que debemos facer se nos damos conta de que ofendemos a outro irmán? Obedecer o mandato de Xesús de facer as paces. Fálalle a Xehová sobre o asunto e confía en que o seu espírito santo che vai axudar a resolver o problema. Se o fas, serás feliz e demostrarás que estás escoitando a Xesús (Mat. 5:9).

19 Agradecémoslle moito a Xehová que nos guíe por medio de Xesucristo, o “cabeza da congregación” (Ef. 5:23). Debemos estar decididos a escoitalo, igual que fixeron os apóstolos Pedro, Santiago e Xoán (Mat. 17:5). Neste artigo vimos como podemos conseguilo facendo as paces cos irmáns que ofendemos. Se ademais nos esforzamos por manternos no camiño estreito que leva á vida, teremos moitas bendicións xa agora, e no futuro seremos felices para sempre.

QUE APRENDICHES?

  • Por que debemos escoitar a Xesús e manternos no camiño estreito?

  • Se ofendemos a alguén, por que é importante facer as paces?

  • Como nos axuda escoitar a Xesús?

CANCIÓN sjj 130 Perdoemos os demais

a Xesús anímanos a que entremos pola porta estreita que leva ó camiño da vida. Tamén nos di que temos que facer as paces cos nosos irmáns. Que desafíos nos poderiamos atopar ó intentar aplicar estes consellos, e como podemos superalos?

b Mira a pregunta 6 do folleto Respostas a 10 preguntas da xuventude titulada “Como podo vencer a presión de grupo?” e o taboleiro animado titulado Non sigas a maioría. Mantén os teus valores! en www.jw.org (vai a ENSINANZAS DA BIBLIA > XUVENTUDE).

c Cambiáronse algúns nomes.

d DESCRICIÓN DA IMAXE: Se nos mantemos no camiño “estreito”, que está protexido polas barreiras de seguridade que nos pon Deus, evitaremos caer en perigos como a pornografía, as relacións inmorais, e a presión de darlle prioridade á educación superior.

e DESCRICIÓN DA IMAXE: Para facer as paces, Xacob inclinouse varias veces diante do seu irmán, Esaú.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir